InicioCulturaPiden á RAG incluír as zonas estremeiras nas enquisas sobre o galego

Piden á RAG incluír as zonas estremeiras nas enquisas sobre o galego

A ausencia de enquisas do galego en territorios estremeiros castiga a valoración do idioma e contribúe á discriminación política do ensino en galego no Bierzo, Sanabria e Eo-Navia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Por Javier Lago Mestre

Os medios de comunicación informan sobre os resultados da última enquisa sobre sociolingüística do galego, editada pola Real Academia Galega (2018). Os galegofalantes dos territorios estremeiros, a saber, Eo-Navia, O Bierzo e mailas Portelas de Zamora, non entendemos que non se nos teña máis en conta. Cal é a razón de que esas enquisas e traballos sociolingüísticos ignoren aos falantes destas terras?.

Neses estudos xorden os mapas de Galiza, por concellos e bisbarras da actual Comunidade Autónoma. Mais os territorios estremeiros, con galegofalantes dende a Idade Media, non existimos nos gráficos. Canto mal está a facer este ocultamento para a valoración lingüística dos propios falantes estemeiros.

Cando se estuda a situación da lingua galega é un grave erro restrinxir a análise aos falantes da atual Comunidade Autónoma de Galicia. O abandono investigador de parte dos falantes do noroeste peninsular, cos territorios estremeiros, non ten explicación lóxica.

Restrinxir os estudos sociolingüísticos á Comunidade Autónoma de Galicia favorece as dinámicas de desprestixio dos galegofalantes estremeiros. Non se analiza o que non se valora académicamente, quizais por sermos minorías culturais afastadas.

Os galegofalantes estremeiros sufrimos, nos nosos territorios illados, o sometemento a continuas discriminacioes políticas, administrativas, educativas, etc. Nós non temos recoñecidos os nosos dereitos lingüísticos históricos. Por iso era de agardar un maior respeito por parte da Galiza administrativa veciña. Tamén somos protagonistas da presenza do idioma galego no noroeste peninsular. Merecemos outro trato institucional.

Reclamamos a tódalas institucións de Galicia que miren máis polos falantes estremeiros. Queremos recuperar a irmandade cultural histórica. Menos complexos polos lindeiros políticos e administrativos que nos afastan hoxe. Cómpre un compromiso cultural interterritorial polo mantemento de tódolos galegofalantes no noroeste peninsular sen excepcións.

Por todo o dito, as comunidades galegofalantes estremeiras temos unha sensación de abandono. Como tais minorías non podemos resistir ante as políticas culturais uniformizadoras de Asturias e Castela e León. Necesitamos a axuda exterior, da Galiza, para parar as dinámicas discriminatorias acotío. Neste senso, estaría ben a fixación de convenios de colaboración, en materia lingüística entre institucións de Galiza e Asturias e O Bierzo, caso do noso Consello Comarcal.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...