InicioMovementos sociais'Coidemos Lugo', o movemento que busca o compromiso dos lucenses coa súa...

‘Coidemos Lugo’, o movemento que busca o compromiso dos lucenses coa súa cidade

Guido Álvarez e Salva Arco, impulsores do movemento, mantiveron un encontro coa alcaldesa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu no Concello aos representes do movemento social ‘Coidemos Lugo’,  o guía turístico Guido Álvarez, e Salva Arco, capitán do Breogán. Este movemento busca concienciar sobre a necesidade de que a cidadanía se implique na limpeza, o coidado e o respecto pola cidade.

Os representantes deste movemento, que crece cada día, explicaron que a iniciativa naceu despois de que se denunciase nas redes sociais a entulleira e o estado no que quedou un muro do Camiño Primitivo, ao seu paso polo barrio do Carme, o que propiciou que se activara unha campaña baixo a etiqueta #coidemoslugo, nacida nas redes sociais pero que xa é moi activa nas súas actuacións de limpeza e concienciación. Os voceiros entregaron á rexedora unha camiseta identificativa do colectivo.

Pola súa banda, a alcaldesa agradeceu a implicación de todas as persoas deste movemento, “xa que o orgullo de ser de Lugo comeza por estar orgullosos deste tipo de iniciativas, que esixen dun compromiso persoal por mellorar a cidade que compartimos, porque se fai cidade coa cidadanía, xuntos, institucións e veciñanza, xa que todos temos a obriga de implicarnos para deixar un municipio mellor ás vindeiras xeracións”. Así mesmo, Méndez avanzou que o Concello seguirá a dar apoio ás accións deste movemento en Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Rumores de moción de censura en Lugo: Candia negocia coa exsocialista María Reigosa

A política lucense encara uns días decisivos ante a inminente posibilidade dunha moción de...

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...