InicioA UlloaCaída importante dos autónomos na provincia de Lugo

Caída importante dos autónomos na provincia de Lugo

Representa o 25% da caída de toda Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo situouse como segunda provincia con máis descenso de autónomos  de toda Galicia, que perdeu un total de 514 autónomos (-0,2%) en setembro, ao caer ata un total de 210.489, segundo un informe da Asociación de Traballadores Autónomos (ATA). Unhas malas cifras que se suman ao aumento do paro.

Pontevedra lidera a caída (171 autónomos menos), seguida de Lugo (117 menos), Ourense (69 menos) e A Coruña (156 menos). Do total, 264 eran homes e 250 mulleres.

Por sectores, hostalaría (250 menos), agricultura (102 menos) e actividades administrativas (23 menos) lideran o retroceso. No outro extremo, o maior aumento prodúcese en educación (54 máis).

Pola súa banda, no acumulado dos datos do último ano, Pontevedra é a única provincia con datos positivos (aumentan 178 autónomos e un 0,3% máis). O resto suma cifras negativas.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Candia trata medidas con AdisLugo para compatibilizar actividades económicas coas ZBE

  A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión con representantes de AdisLugo, a...