InicioMedioambiente e PatrimonioFotografar árbores autóctonas das terras de Lugo pode ter premio

Fotografar árbores autóctonas das terras de Lugo pode ter premio

A Deputación impulsa o VI Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses, cuxo prazo de presentación permanecerá aberto ata o 31 de outubro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo xa abriu o prazo para participar no VI Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses. Nesta ocasión, o certame ten como temática central as árbores autóctonas presentes nestas áreas. Un total de 1.600 euros en premios alentan a presentar algunha imaxe ao concurso, cuxa data de finalización é o 31 de outubro deste 2019.

“Organizamos este certame para impulsar o coñecemento das nosas árbores autóctonas e do seu valor ambiental. Procuramos fotografías de árbores con características extraordinarias, que destaquen sobre o resto, xa sexa por idade, beleza, tamaño… ou ben de masas e formacións arbóreas como soutos e carballeiras”. Así o explicou o deputado de Medio Ambiente, José Luís Raposo Magdalena.

Poderán participar todas as persoas maiores de idade que estean interesadas e o único requisito é presentar unha única fotografía que non fose premiada en anteriores edicións. Contémplanse premios para as tres mellores fotografías, que serán escollidas en base a criterios de composición, orixinalidade e calidade estética da imaxe.

As obras, que poden ser en branco e negro ou en cor, deben realizarse no territorio das Reserva da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá. Os participantes deberán entregar un CD coa imaxe e unha copia en papel fotográfico. Cómpre presentalo dentro dun sobre pechado que inclúa o nome e apelidos do autor, data de nacemento, enderezo, teléfono, correo electrónico, título da obra e lugar onde se realizaron.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...