InicioA UlloaTi tamén estás orgullos@ de ser de Lugo?

Ti tamén estás orgullos@ de ser de Lugo?

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PSOE lanzou un emotivo vídeo no marco da campaña Orgullos@s de ser de Lugo no que presume dos recursos naturais únicos da provincia. Un vídeo que apela aos sentimentos e no que se anima a veciños e veciñas a compartir en imaxes ou vídeos os motivos do orgullo de ser de Lugo.

Nesta peza audiovisual recóllense algúns dos motivos polos que sentirse orgullos@ da provincia como “o noso patrimonio, as nosas fragas, o noso mar, a nosa natureza, os nosos cantís, a nosa historia, os nosos ríos, os nosos viños, o noso rural ou a costa”. Recolle, ademais, imaxes de todos os recunchos de Lugo, desde o canón do Sil, ata a Mariña, pasando polos Ancares e o Courel, a Terra Cha ou a Ulloa.

As persoas interesadas poderán participar pensando nun motivo, nun lugar, nun detalle, nun elemento ou sentimento que esperte o orgullo de ser lucense e publicalo a través dun vídeo, unha foto ou un texto na súa conta de Facebook ou Instagram co hahstag #OrgullososdeSerdeLugo. O contido ten que ser público para que poida ser visible e saír nas redes sociais da web. Hai dispoñible máis información e un vídeo tutorial de como participar en www.orgullososdeserdelugo.gal

ÚLTIMAS

Así estafaron 265.000 euros a unha empresa de Lugo

Axentes da Garda Civil detiveron, no marco da operación 'Crepera', ao presunto autor dun...

Cortado un carril da A-6 en sentido a Lugo tras envorcar un camión á altura de Carballedo

O envorco dun camión na A-6 no quilómetro 461, á altura de Carballedo, obrigou...

A Deputación destina 1,5 millóns a varias obras no Concello de Xermade

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, supervisou en Xermade as diferentes obras...

A Audiencia de Lugo absolve a un acusado de violar á que era a súa parella, por contradicións e falta de credibilidade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acordou absolver a un mozo acusado de dous delitos...