InicioLugo e contornaLugoElena Candia, proclamada única candidata á presidencia do PP da provincia de...

Elena Candia, proclamada única candidata á presidencia do PP da provincia de Lugo

Afirma que pretende liderar un proxecto baseado no traballo en equipo e unha estratexia de provincia "avalada no diálogo e no consenso".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Elena Candia foi proclamada única candidata á presidencia do PP da provincia de Lugo pola comisión organizadora do congreso, segundo informa a organización. Deste xeito, a mindoniense optará á reelección sen ningún rival e continuará á fronte da dirección do partido outro catro anos máis.

Elena Candia entregaba este mércores á comisión organizadora do XVIII congreso provincial case 1.600 avais, formalizando así a súa candidatura a revalidar a presidencia do partido o próximo 19 de setembro.

Candia afrontará así unha nova etapa na que, segundo afirma, pretende liderar un proxecto baseado no traballo en equipo e unha estratexia de provincia, “avalada no diálogo e no consenso”, así como co obxectivo de gobernar no concello e a Deputación.

Segundo informa a formación, nas próximas semanas abrirase o prazo para a elección de compromisarios. Desde o 28 de agosto ao 8 de setembro, os afiliados poderán inscribirse para poder ser compromisario e poder votar así en urna o día do conclave.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...