InicioLugo e contornaLugoO campus de Lugo acollerá un seminario internacional sobre a colonización do...

O campus de Lugo acollerá un seminario internacional sobre a colonización do Imperio Romano

O coloquio terá días 23 e 24 deste mes na Facultade de Humanidades da USC.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O campus da USC de Lugo acollerá un seminario de análise e debate sobre a intervención dos romanos sobre os pobos indíxenas que congregará a expertos e investigadores de doce universidades e centros de investigación de distintos países. O acto, programado para os días os días 23 e 24 de setembro na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, formará parte do XVI Curso de Primavera da USC e estará coordinado polos profesores de Historia Antiga da USC Dolores Dopico Caínzos e Manuel Villanueva Acuña, xunto co catedrático xubilado da UPV-EHU Juan Santos Yanguas.

O obxectivo deste seminari é a posta en común dos resultados das pesquisas realizadas dende 2018 a respecto dun tema que inmiscúe á propia Lucus Augusti de primeira man, por tratarse esta dun dos principais asentamentos romanos na Gallaecia. Neste marco de estudo as distintas conferencias -que terán lugar tanto presencial como telematicamente- abranguerán múltiples dimensións do fenómeno, dende o papel do exército ata a construción da paisaxe urbana da man do Imperio.

O desenvolvemento do curso, explican dende a USC, vén condicionado pola actual situación de excepcionalidade propiciada pola COVID-19, razón pola cal a universidade decidiu limitar a oferta de prazas para asistir ás sesións programadas no marco deste foro a un máximo de 25 persoas. O público interesado pode formalizar xa a súa inscrición de balde neste curso a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es. A matrícula rexerase por estrito orde de solicitude ata completar as prazas ofertadas.

 

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...