InicioSucesosCazado en Lugo a case 100 quilómetros por hora nunha zona limitada...

Cazado en Lugo a case 100 quilómetros por hora nunha zona limitada a 50

A Policía Local estableceu un control na zona norte da cidade logo de que os veciños se queixaran da alta velocidade á que circulaban os coches por determinadas rúas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo interceptaron onte, 7 de xaneiro, un condutor que circulaba a case 100 quilómetros por hora polo centro urbano da cidade, na zona norte.

A Policía Local estableceu un control nesa área da cidade coa axuda dun vehículo policial equipado cun cinemómetro. Fíxoo así como consecuencia das queixas veciñais e das denuncias relacionadas coa alta velocidade á que circulaban os coches por determinadas rúas. Nese control foron denunciados 33 vehículos por superar a velocidade máxima permitida.

O coche que pasou a unha maior velocidade polo punto de control circulaba a 97 quilómetros por hora nunha zona limitada a 50, de modo que o seu condutor se enfronta a unha sanción de 500 euros e á retirada de seis puntos do carné.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...