InicioPolíticaGarcía Díez, ex alcalde do PP: “é unha enorme gratitude recibir a...

García Díez, ex alcalde do PP: “é unha enorme gratitude recibir a Medalla de Ouro da cidade de Lugo”

O ex rexedor destaca a iniciativa da actual alcaldesa, a socialista Lara Méndez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado do Partido Popular, Joaquín García Díez, que foi alcalde de Lugo entre os anos 1995 e 1999, afirma que a Medalla de Ouro da cidade, que recibirán este sábado os rexedores que exerceron no últimos corenta anos de democracia, é en realidade un recoñecemento ás sucesivas corporacións municipais que serviron aos lucenses durante ese catro décadas.

García Díez afirmou que recibir a Medalla de Ouro da cidade de Lugo provoca nel un sentimento de “enorme gratitude”, mesturada “coa emoción por todos os recordos que vou ter que revivir ao recollela”, recoñeceu.

En todo caso, precisou que “esa medalla recíbea o alcalde, pero en realidade é un recoñecemento ao traballo dunha corporación, sen distinción algunha”. “Eu quero compartila con todos os concelleiros que formaron parte da corporación municipal durante o meu mandato”, dixo. “Moitos, a maioría, van estar alí presentes”, confirmou.

Ademais da García Díez, o pleno do Concello de Lugo acordou concederlle a Medalla de Ouro de Lugo a Xosé Novo Freire, Tomás Notario, Vicente Quiroga e José López Orozco.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...