InicioLugo e contornaManuel Fraga, protagonista do Día da Muller en Vilalba

Manuel Fraga, protagonista do Día da Muller en Vilalba

O SLG pónlle un mandil ao busto coa frase: "Que este ejemplo sirva de lección a todo el país", que foi a frase que dixo cando asasinaron a cinco traballadores en Vitoria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O busto do expresidente da Xunta Manuel Fraga foi protagonista este 8 de marzo en Vilalba (Lugo) pola colocación sobre el dun delantal reivindicativo polo día internacional da muller.

O busto de Fraga en Vilalba, situado na céntrica alameda da localidade, foi noticia en varias ocasións en que foi roubado en sinal de protesta contra o pasado franquista do político e posteriormente localizado en zonas como o río da Magdalena. Tras o último dos roubos non chegou a aparecer, polo que o actual alcalde, o popular Agustín Baamonde, decidiu repolo e colocalo cunha maior ancoraxe sobre a súa base.

Nun comunicado remitido polo Sindicato Labrego Galego, o movemento feminista sinala que a folga comezou á primeira hora da mañá deste venres cun acto simbólico: vestir cun mandil o busto de Fraga.

“QUE SIRVA DE LECCIÓN”

Nel, podíase ler a súa frase de cando era ministro de Gobernación durante a Transición: “Que este exemplo sirva de lección a todo o país”. Con iso facía alusión aos cinco traballadores asasinados polos antidisturbios cando celebraban unha asemblea en Vitoria o 3 de marzo de 1976.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...