InicioEconomíaO BNG deixa en evidencia o Concello cun sistema de seguimento dos...

O BNG deixa en evidencia o Concello cun sistema de seguimento dos buses de Lugo

A empresa contratada polo Concello de Lugo debía ter implantado este sistema de seguimento dos buses en xuño de 2017, mais alega "dificultades técnicas"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego presentou un sistema de localización das liñas de buses de Lugo “para demostra que é posible, a pesar de que o Concello non foi quen en dous anos”. O voceiro e candidato da fronte, Rubén Arroxo, espetou que “fomos capaces, con 12 teléfonos móbiles de localizar e facer o seguimento de 12 liñas de bus”, probando deste xeito que o retraso da empresa adxudicataria carece de xustificación.

Para a proba de xeolocalización, doce simpatizantes do Bloque circularon durante sesenta minutos polas doce liñas con terminais móbiles conectados. No local da formación centralizaron nun monitor o seguimento, visualizando os itinerarios pola cidade. Demostrada a viabilidade e sinxeleza do sistema, Arroxo lembrou que “dende a adxudicación do contrato, os buses deberían estar funcionando conectados a un Sistema de Axuda á Explotación (SAE) que servira para controlar os percorridos”.

É por iso que considera que “á alcaldesa tería que caerlle a cara de vergoña” por afirmar que o SAE “non se pode poñer en marcha por dificultades técnicas”. A empresa debía ter implantado o sistema en xuño de 2017, como constaba no contrato adxudicado en febreiro do ano anterior, mais hogano segue inoperativo. O SAE, ademais de achegar información en tempo real ao usuario sobre a chegada ás paradas, permite un control exacto das distancias percorridas e o cumprimento dos horarios.

+ posts

ÚLTIMAS

A edil non adscrita, María Reigosa, permite aprobar os orzamentos de Lugo co seu voto

O goberno local de Lugo logrou sacar adiante de forma definitiva os orzamentos para...

O PSdeG acusa á Xunta de “falta de planificación” ante a “deterioración” da Atención Pirmaria en Lugo

O PSdeG advertiu este xoves do progresivo empeoramento da atención primaria na provincia de...

O xulgado anula unha ordenanza do Concello de Outeiro de Rei que vulneraba o dereito do BNG a defender as súas emendas

A maxistrada da praza 1 da Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de...

O Plan Deputación prevé 300 actuacións e máis de 270 novos empregos nos 67 concellos

O goberno provincial de Lugo levará ao pleno ordinario do mes de marzo o...