InicioSucesosPerde a vida un lucense pola colisión entre dous camións na A-6

Perde a vida un lucense pola colisión entre dous camións na A-6

O veciño de Lugo, de 61 anos, era o condutor e único ocupante do camión que colisionou contra outro articulado na A-6 ao paso por Coirós

PUBLICADA O

- Advertisement -

(EFE) Un home de 61 anos, veciño de Lugo, faleceu na mañá deste luns nun accidente por alcance entre dous camións. A colisión produciuse na autovía do nordés, a A-6, ao paso polo concello coruñés de Coirós, contra as 10.30 horas.

O falecido era o único ocupante do camión, que impactou co outro vehículo articulado no punto quilométrico 561,400 da A-6. Ámbolos vehículos circulaban en dirección Madrid, segundo confirmaron a Efe fontes da Garda Civil.

Pasadas as dez e media, varios particulares puxéronse en contacto co 112 Galicia para informar dunha colisión múltiple, cun ferido posiblemente atrapado dentro dun dos vehículos involucrados.

De inmediato, os xestores do CIAE 112 alertaron ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Betanzos, a Garda Civil de Tráfico e tamén ao servizo de mantemento da autovía.

Unha vez no lugar do accidente, os servizos de emerxencia confirmaron que o condutor do camión, única vítima do sinistro, estaba atrapado e falecera no interior do vehículo. Os Bombeiros de Betanzos encargáronse da excarceración do corpo do falecido.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...