InicioLugo e contornaPortomarínLiberdade para o peregrino que gravou unha muller nunha ducha en Portomarín

Liberdade para o peregrino que gravou unha muller nunha ducha en Portomarín

Está acusado dun delito contra a intimidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado de instrución de Chantada decretou a posta en liberdade do home detido por gravar co seu teléfono móbil a unha muller mentres se duchaba nun albergue de peregrinos de Portomarín. O arrestado, de nacionalidade portuguesa e uns 50 anos de idade, está investigado por un delito contra a intimidade, despois de ser sorprendido mentres gravaba á muller na ducha.

Segundo trasladou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o detido prestou declaración ante o xulgado de instrución, que levou a cabo este xoves todas as dilixencias posibles para evitar que os implicados, todos peregrinos, deban volver a dependencias xudiciais.

Así as cousas, o xulgado está agora á espera de que a Garda Civil remita o envorcado da gravación do teléfono para incluílas nas dilixencias e o posterior envío do caso ao Penal para a celebración do xuízo.

ÚLTIMAS

Cando as costureiras e modistas fan a historia do país

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle a mostra “Corcosendo. A...

“Boa noticia para Lugo”, o TSXG confirma que o Concello de Lugo non ten que indemnizar ao promotor do Garañón

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo do Xulgado do...

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella...

O PP oponse a rexeitar o proxecto de Altri, como pide o BNG

O Partido Popular opúxose este martes a rexeitar o proxecto de planta de celulosa de Altri...