InicioSociedadeAs rutas por catamarán no Miño e o Sil reciben xa máis...

As rutas por catamarán no Miño e o Sil reciben xa máis de 6.500 reservas

A Deputación de Lugo asegura que o verán arrinca "cunha boa previsión de ocupación".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada de Turismo da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, anunciou este xoves, tras a xunta de goberno, que contan con máis de 6.500 reservas para as dúas rutas por catamarán das que dispón a institución, para os meses de xullo e agosto.

Porto asegurou que se arrinca “o verán cunha boa previsión de ocupación, xa son 6.500 as reservas confirmadas para eses meses de xullo e agosto”, o que confirma o “atractivo” de dito servizo.

Un número que pode crecer polo que queda de xuño e “porque cada vez máis este tipo de viaxes se planifican cunha antelación moi reducida”, constatou a tamén portavoz socialista do goberno provincial. “Os datos demostran que é unha oferta atractiva para os veciños de Lugo, tamén desde Galicia, España e mesmo desde o estranxeiro”, resaltou.

Sobre os datos de primavera, desde que arrincou a programación no mes de marzo por estas dúas rutas, que sortean o Sil e o Miño, estes catamaráns foron empregados “por preto de 14.000 persoas, o que é unha cifra moi positiva”. Estas cifras supoñen volver “a niveis previos á pandemia”, celebra Pilar García Porto.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...