InicioSociedadeCae o número de casos novos en Lugo, pero as hospitalizacións seguen...

Cae o número de casos novos en Lugo, pero as hospitalizacións seguen á alza

O Sergas rexistra 72 pacientes en planta e 22 nas Uci da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este martes 2 de febreiro un total de 2.135 casos activos de coronavirus (cinco máis ca onte). Ao tempo, nas últimas 24 horas confirmáronse 64 novos positivos entre as 1.025 probas PCR realizadas, unha cifra moi inferior aos datos que manexaba o Sergas en días anteriores. Porén, a caída de casos non se traduce aínda nunha baixada na presión asistencial, que de momento segue en aumento.

De feito, Sanidade comunica 92 hospitalizacións na área: 72 en planta (43 no HULA, 10 na Mariña, 16 en Monforte, 1 no Polusa) e outros 22 nas Unidades de Coidados Intensivos (20 no HULA e 2 na Mariña). As Uci da provincia nunca tiveron tantos pacientes de Covid de maneira simultánea.

Por outra banda, o Sergas refire 172 falecidos dende o inicio da pandemia, fronte a 8.101 persoas curadas. Isto supón 73 altas no día de onte. Ademais, dende marzo ata agora,  efectuáronse 160.818 PCR.

GALICIA

O total de hospitalizados con Covid-19 en Galicia descendeu en 24 pacientes, pero aumentaron os ingresados con coronavirus en UCI en 11 ata situarse nos 253. Con respecto á xornada pasada aumentaron lixeiramente os contaxios, cun milleiro máis. Podes ler toda a información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

Lugo reforzará a seguridade do San Froilán con máis cámaras, unha terceira ambulancia e avaliación de riscos por evento

O Concello de Lugo reforzará este ano o dispositivo de seguridade das festas de...