InicioMedioambiente e PatrimonioPiñeiro nega ter competencias sobre os verquidos da Garaballa

Piñeiro nega ter competencias sobre os verquidos da Garaballa

O concelleiro de Desenvolvemento Sostible compareceu este mércores no xulgado para declarar por un posible delito leve contra os recursos ambientais

PUBLICADA O

- Advertisement -

O concelleiro Daniel Piñeiro compareceu este mércores no xulgado pola suposta comisión dun delito leve contra os recursos materiais. O responsable de Desenvolvemento Sostible de Lugo foi chamado a declarar pola situación do pozo de tormentas da Garaballa, que ocasionou verquidos de aguas fecais ao río Rato. A denuncia partiu do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil.

Tal e coma recolle GaliciaConfidencial, o edil socialista recoñeceu que a el compete todo o referente a medio ambiente na cidade, pero negou ter responsabilidade sobre as instalacións do barrio da Garaballa, que “estaban sen mantemento”. Piñeiro asegurou que dende o seu departamento tomaron “as medidas recomendadas polos técnicos” para paliar os efectos do mal funcionamento do pozo de tormentas, con labores de desatoamento diarias para limitar os malos olores.

Así, a defensa do titular de Desenvolvemento Sostible baseouse en que fixo “o que se podía facer” ata que se contratase o mantemento do pozo da Garaballa. “Iso son temas que non levaba”, comentou en referencia ao seu compañeiro no goberno local, o concelleiro de Infraestruturas Manuel Núñez.

A citación xudicial chega despois de que o executivo que dirixe Lara Méndez decidira intervir e xestionar directamente o pozo de tormentas, co que a instalación da Garaballa funciona con medios propios. Mediado o mes de maio, os técnicos municipais realizaron unha revisión na zona da vertedura. A instalación da Garaballa foi limpada e desbrozada, e posta de novo en funcionamento.

Segundo explicou entón o voceiro municipal, Miguel Fernández, os últimos episodios non estarían vencellados ao pozo de tormentas, polo que os responsables de mantemento comprobaron se existian atascos nos túneis. A hipótese é que unha treboada saturou o sistema de evacuación, pero polo de agora non haberá máis actuacións.

A solución definitiva, din dende o Concello, pasa polos pregos de contrato da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), que están “moi avanzados” e teñen tratamento “prioritario”. Ata que se contrate o mantemento do pozo da Garaballa, continuará a funcionar baixo responsabilidade do executivo socialista.

Vertedura ao río Rato na Garaballa | BNG

Unha vella polémica 

A polémica polas verteduras de augas fecais ao río intensificouse logo das tormentas da primavera, aínda que levaba anos sendo obxecto de debate na corporación. Na cerna da discusión, o estado do pozo de tormentas da Garaballa, sen mantemento por mor do contrato da xestión das augas, caducado e aínda sen renovar. O Bloque Nacionalista Galego levou en primera instancia o caso ao Seprona e a Confederación Hidrográfica, resultando en pequenas sancións económicas ao Concello.

A discusión tivo sempre como escenario a Comisión de Infraestruturas, eido que dirixe Manuel NúñezDebido á dilación na resolución deste problema de verquidos no río Rato, o BNG acudiu á Valedora do Pobo, que ata o de hoxe non se pronunciou o respecto. Quen si o fixo foi a Fiscalía de Medio Ambiente, conforme aos informes elaborados polos organismos da Xunta, e a denuncia do Seprona.

Como consecuencia da citación xudicial, o Partido Popular pedirá a reprobación do edil socialista no pleno de xullo, enmarcando esta solicitude na situación dos contratos de xestión das augas, a estación depuradora e a concesión da Fábrica da Luz. Pola súa banda, goberno local que dirixe Lara Méndez considera que o problema resolverase coas medidas xa adoptadas.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....