InicioSociedadeLugo blindará os arredores do Caudal Fest para evitar aglomeracións

Lugo blindará os arredores do Caudal Fest para evitar aglomeracións

Lara Méndez destaca que as medidas de seguridade son "máis rigorosos" que a normativa da Xunta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo anuncia un amplo dispositivo policial coordinado coa subdelegación do Goberno na Provincia para garantir que non se produzan aglomeracións nos arredores dos concertos. Así o anunciou a alcaldesa Lara Méndez logo da Xunta Local de Seguridade sostida con Isabel Rodríguez, subdelegada do goberno na provincia. Ambas administracións coordinarán con Policía Local e Nacional, os responsables de Emerxencias, Bombeiros, Protección Civil e Tráfico e a empresa organizadora o dispositivo que se porá en marcha con motivo dos concertos das Noites do Caudal Fest, que se celebrarán do 3 ao 20 de setembro.

Na reunión o Concello fixo especial fincapé na necesidade de extremar as medidas de seguridade habituais neste tipo de eventos, “ademais de articular as máis estritas cautelas sanitarias para cumprir cos protocolos marcados pola COVID-19, que a empresa organizadora fixou sendo máis rigorosa que a mesma normativa da Xunta”, sostivo a rexedora. Deste xeito, aos controis dos concertos sumaranse tamén os das forzas de seguridade nas zonas exteriores. “Somos conscientes de que veñen grupos que atraen a numeroso público, e debemos evitar as aglomeracións nas súas inmediacións”, insistiu Lara Méndez.

FORMATO REDUCIDO

Pensando na seguridade sanitaria, Lara Méndez lembrou que o Caudal Fest adopta este ano un formato diferente, moito máis reducido, con aforamentos máximos de 800 persoas en cada un dos doce concertos previstos, que se celebrarán en escenarios urbanos en substitución da contorna do río. Os concertos comezarán ás 21.30 horas, evitando o horario nocturno, e a entrada será cunha hora e media de antelación. O público estará distribuído en formato teatro con cadeiras, mantendo un espazo de 3 metros cadrados por persoa para garantir unha distancia mínima de 1,5 metros entre cada asistente.

Entre as medidas articuladas destacan, ademais, o uso obrigatorio de máscaras, entradas nominativas, circulación organizada e sinalizada en todo o recinto, carrís separados de acceso e saída, control da distancia de seguridade, tickets e control dixital (sen contacto), instalacións de puntos de desinfección de mans, amplos espazos para garantir distanciamento social, asistentes para a organización do público e desinfección continua de barras, baños e zonas de traballadores e público.

Izal, M-Clan, Amaral e Dorian serán os cabezas de cartel da terceira edición do festival urbano por excelencia de Lugo, cartel que se completará con Ana Guerra, Hard GZ, Maialen, Baiuca, Ortiga, Holywater e David Prado. Contarase tamén co humor da monologuista Martita de Graná.

+ posts

ÚLTIMAS

O paseo do Río Rato, un verxel con 155 hortos urbanos en pleno centro de Lugo

O entorno do paseo do Rato, no concello de Lugo, acolle un verdadeiro vergel...

Hospitalizadas dúas persoas tras unha colisión frontal entre unha furgoneta e un turismo en Vilalba

Dúas persoas tiveron que ser trasladas polos servizos sanitarios tras producirse unha colisión frontal...

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...