InicioCulturaJazz "en movemento" nas rúas de Lugo dende este xoves

Jazz “en movemento” nas rúas de Lugo dende este xoves

5 bandas de dixieland percorrerán o centro da cidade nunha iniciativa para achegar a música á cidadanía "cumprindo coas restriccións sanitarias".

PUBLICADA O

- Advertisement -

5 bandas de jazz sairán a interpretar os seus standards ás rúas de Lugo dende este día 6 ó vindeiro 10 de setembro. As actuacións, programadas de cara á celebración do trixésimo Festival de Jazz da Cidade, comprenderá un total de 5 conxuntos -todos eles galegas- que actuarán os xoves entre as 20:30 e as 22 horas no casco vello da cidade.

A iniciativa, impulsada pola concellería de Cultura, pretende achegar a música á cidadanía cumplindo coas restriccións dun verán atípico.  “Apostamos por unha serie de concertos en movemento para cumprir coas medidas sanitarias ao mesmo tempo que enchemos de música as rúas”, afirmou Maite Ferreiro, concelleira do eido.

The Swinning Flamingos Street Band, Musklat Rubmlers, The Dixie Blinders, Dixielendas e High Society Jazz Band serán as bandas de dixieland que percorrerán as rúas do centro da cidade e “farán as delicias das amantes do jazz e da música en xeral”, segundo declarou a edil de cultura”. “Continuamos deste xeito co noso apoio á cultura dun xeito responsable que permita á veciñanza desfrutar de actividades culturais con total seguridade”, afirmou Maite Ferreiro, que engadiu “ademais, continuamos coa nosa aposta pola cultura galega no momento no que precisan máis apoio pola crise sanitaria”.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...