InicioSociedadeOs casos activos na provincia, por debaixo dos 40

Os casos activos na provincia, por debaixo dos 40

Dous pacientes permanecen ingresados no HULA. En Galicia, o número de persoas curadas achégase ás 10.000.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo mantén un ritmo sostido de baixada no reconto oficial de casos activos por coronavirus. Este martes 2 de xuño, a Consellería de Sanidade informa de 39 positivos, un menos ca na xornada de onte, e dúas persoas ingresadas.

Un dos pacientes está hospitalizado en planta no HULA, mentres que o outro permanece na Unidade de Coidados Intensivos deste mesmo centro. É unha das tres persoas atendidas na UCI en toda Galicia. Pola súa parte, 37 doentes de COVID-19 reciben o seguimento médico dende os seus domicilios.

Non hai novidades no número de vítimas mortais na provincia, que se mantén en 27, e as altas documentadas sitúanse nas 883.

GALICIA

A Consellería de Sanidade informa tamén da situación a nivel galego, onde se rexistran 707 casos activos (-15) e onde o número de pacientes curados rolda os 10.000. Hai, en total, 30 persoas ingresadas (27 en planta, tres na UCI) e rexistráronse 616 falecementos ata o momento.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...