InicioSociedadeO Consello Galego de Veterinarios esixe a moción de censura en Lugo

O Consello Galego de Veterinarios esixe a moción de censura en Lugo

A edil do Partido Popular en Lugo e presidenta do Colexio provincial, López Pombo, leva meses sen acatar o fallo do organismo superior

PUBLICADA O

- Advertisement -

A estrataxema da presidenta do Colexio de Veterinarios de Lugo para evitar a moción de censura carece de base legal. Ese é a conclusión do Consello Galego de Veterinarios, o órgano de rango superior na comunidade, que reclama a convocatoria do debate previo á votación deste mecanismo extraordinario para relevar a Ana López Pombo. Así consta no escrito aclaratorio, que insta a acatar a vontade dos colexiados respectando o recollido nos estatutos, e por tanto a convocar unha asamblea extraordinaria para tratar unicamente esta cuestión.

A moción de censura é o último episodio da enleada situación do Colexio de Lugo,resultado dunha xestión criticada por falta de democracia, transparencia e independencia política. A intervención do Consello debeuse á actitude de bloqueo de López Pombo, quen denegou a convocatoria do debate da moción de censura alegando que as sinaturas debían contar con lexitimación notarial, un requisito inexistente. Fronte a isto, os impulsores da moción solicitaron en marzo un recurso e obtiveron o fallo favorable, reiterado en varias ocasións á presidenta Colexio de Lugo. Agora, o mesmo Consello insta oficialmente a cesar no bloqueo e permitir a votación evitando “criterios arbitrarios”.

Os eventos máis polémicos comezaron antes da asamblea ordinaria de xuño de 2017, cando López Pombo enviou aos colexiados unha carta con membrete do Partido Popular, formación pola que é edil no Concello de Lugo. Xa en devandita asamblea, a presidenta denegou varias quendas de palabra e negouse a respostar a varias preguntas. Na seguinte sesión, celebrada en decembro do mesmo ano cunha gran asistencia, os colexiados rexeitaron aprobar a acta da asamblea anterior porque non recollía as irregularidades citadas. E tampouco saíron aprobados os orzamentos para 2018, deixando as contas prorrogadas.

Ana López Pombo, presidenta do Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo | Organización Colexial Veterinaria

Por mor desta inestabilidade dimitiron tres membros da xunta de goberno. Nas eleccións parciais resultaron elexidos por amplia maioría sendos membros da candidatura Colvet Lugo Democrático, colectivo oposto a Ana López Pombo que defende eleccións inmediatas e incompatibilidade entre postos políticos e os cargos directivos no Colexio. En consonancia coa situación, presentáronse sinaturas abondo como para forzar a celebración do debate sobre a moción de censura. 

Con todo, a polémica vai alén da propia moción. Colvet Lugo Democrático acusou a pasada semana á presidenta de presentar unha querella falsa contra un dos colexiados por inxurias. O citado colectivo presentou probas documentais que supostamente demostrarían a falsidade da denuncia presentada perante o Xulgado de Paz de Guitiriz.

A aclaración do recurso por parte do Consello Galego de Veterinarios chega a piques da inminente asamblea ordinaria prevista para o 27 de xuño, e que podería decidir o futuro do Colexio de Lugo. A convocatoria desta sesión para as dúas e media da tarde dun mércores é contemplada coma unha obstrución deliberada nos procesos de decisión interna, por dificultar a asistencia de quenes deberían asistir dende outras comarcas, por cuestións de traballo e de conciliación familiar.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Lugo absolve por falta de probas a un mozo acusado de agresión sexual a dúas menores

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu a un mozo acusado de...

O PSdeG propón á alcaldesa de Burela para presidir a Deputación de Lugo tras a dimisión de Tomé

O comité provincial do PSOE por Lugo propuxo á deputada e alcaldesa de Burela...

Detidas catro persoas en Lugo que trataban de ocupar unha vivenda a través dun oco na porta

A Policía Local de Lugo interceptou o pasado domingo a catro persoas que trataban...

Detido en Lugo tras insultar e tratar de agredir aos policías que acudiron porque molestaba a clientes dun bar

Un home foi detido en Lugo tras insultar e tratar de agredir aos policías...