Home Lugo e contorna Lugo A rotura dunha tubaxe de gas na intermodal de Lugo deixa sen subministración a 1.200 clientes

A rotura dunha tubaxe de gas na intermodal de Lugo deixa sen subministración a 1.200 clientes

0
A rotura dunha tubaxe de gas na intermodal de Lugo deixa sen subministración a 1.200 clientes
Recreación da Intermodal de Lugo / xunta.gal

A rotura dunha tubaxe de gas por parte dunha escavadora que traballa na obra da estación intermodal de Lugo deixou a 1.200 clientes sen subministración, que xa quedou restablecido. Segundo informaron fontes do Concello de Lugo consultadas por Europa Press, o aviso saltou sobre as 12.58 horas deste luns e, por motivos de seguridade, pecharon 10 válvulas da rede.

Isto afecta á suministración de 1.200 clientes da zona comprendida entre a Praza Conde Fontao e a Rolda da Muralla. A instalación está posta en seguridade e os equipos técnicos están a traballar para reparar a avaría e comezar a reabrir as válvulas.

+ posts