InicioSociedadeOrozco pide a anulación do auto do Caso Garañón por "manipulación"

Orozco pide a anulación do auto do Caso Garañón por “manipulación”

O letrado Gregorio Arroyo explicou que o auto da xuíza De Lara está infestado de "conxecturas e sospeitas" e trufado dunha "forma de actuar que non se debe manexar" nunca "nunha resolución xudicial"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A defensa do que fora alcalde de Lugo José López Orozco no chamado Caso Garañón presentou tamén recurso ante o Xulgado de Instrución número 2 contra o auto ditado pola xuíza Pilar de Lara que pon fin á instrución da causa e propón levalo a xuízo polos delitos prevaricación, tráfico de influencias, contra a ordenación do territorio e falsidade documental.

O letrado Gregorio Arroyo explicou, en declaracións a Efe, que o auto da xuíza De Lara está infestado de “conxecturas e sospeitas” e trufado dunha “forma de actuar que non se debe manexar” nunca “nunha resolución xudicial”, polo que solicita a súa nulidade.

“Non hai indicios claros e describe unha situación como novelada“, dixo o avogado do exalcalde, quen tamén opina que a “présa” da maxistrada por ditar o auto e “a situación caótica e prospectiva do mesmo”, dado que “ten data do día anterior á data na que se confirma a sanción do Consello Xeral do Poder Xudicial” á propia xuíza, “dá a impresión de que se trata dunha represalia ou vinganza”.

No propio escrito, a defensa afirma que “a notificación precipitada” do devandito auto “pódese entender, dito sexa con todos os respectos”, como “unha represalia” contra o propio López Orozco.

De feito, avisa de que “de non absterse, non só podería levar aparellada unha responsabilidade disciplinaria, senón por ter unha aparencia de represalia ou vinganza en contra de quen responsabiliza da súa sanción, constituír un acto posiblemente prevaricador, todo iso con independencia da nulidade de tan meritado auto”.

En canto ao contido do mesmo, sostén, en todo caso, que é “un mal exemplo de como converter meras conxecturas e sospeitas nun indicio criminal”, porque “partindo dunhas supostas irregularidades administrativas”, a instrutora acaba por atribuírlle ao exalcalde “nada menos que a suposta comisión de catro delitos” e “iso con tan só tres referencias ao señor López Orozco”.

Na mesma liña, lembra que “esa e non outra é a instrución que padeceron durante anos os investigados, vendo como os seus escritos se eternizaban na mesa da maxistrada, mentres se actuaba con inusitada rapidez, con mobilización de todo tipo de medios”, ante “a caída dunha cadela por unha xanela”, ata o punto de decretar unha orde de afastamento “dos donos respecto” ao animal.

“Coincidimos coa instrutora en que os cachorros son seres que senten, afectados ás veces de tensións, pero, e os investigados, do xénero humano, non o son? Poden permanecer durante anos baixo sospeita, afectando gravemente á súa contorna familiar, profesional e política?”, pregúntase a defensa de López Orozco no recurso.

Ao seu xuízo, “a resposta a todo iso está na resolución sancionadora da Comisión Disciplinaria, confirmada polo Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial”.

Por outra banda, lembra que a Xustiza ten que proceder “con indicios sólidos e con fundamento”, cando nesta causa se observa “un certo grao de manipulación por parte da instrutora de informes e documentos”, porque “interpreta erroneamente” calquera resolución ou informe no ámbito administrativo nun “ilícito penal”, con “total esquecemento do principio de mínima intervención que rexe o dereito penal”. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...

Acepta dous anos de prisión por violar a unha amiga borracha e medicada contra a ansiedade

O acusado dunha agresión sexual cometida en Lugo en xuño de 2024 aceptou este...

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...