InicioSociedadeA Plataforma Feminista de Lugo, contra a rebaixa da pena a 'O...

A Plataforma Feminista de Lugo, contra a rebaixa da pena a ‘O Chamaco’: “É indignante”

A portavoz, Ana Torrón, recoñece que esta sentenza deixa "mal corpo" porque non se comprende "esa rebaixa" en relación coa pena que pedía o fiscal, dado que "todos os agravantes foron demostrados" no transcurso da vista oral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz da Plataforma Feminista de Lugo, Ana Torrón, considera “indignante” e “incrible” que a Audiencia Provincial rebaixase en dous anos e medio a pena a José Manuel Carballo, coñecido como ‘O Chamaco’, por asasinar a súa muller, en relación coa condena que solicitaba a Fiscalía tras o veredicto de culpabilidade emitido polo Tribunal do Xurado.

O ministerio fiscal solicitaba para ‘O Chamaco’ unha pena de vinte e oito anos de cárcere polos delitos de asasinato, malos tratos e ameazas, pero finalmente a pena imposta pola Audiencia Provincial de Lugo quedou en vinte e cinco anos e medio de reclusión.

Torrón quixo agradecer o “gran traballo· que fixo a Fiscalía e tamén a acusación particular, ademais de “felicitar” ao xurado popular polo seu veredicto.

Con todo, recoñece que esta sentenza deixa “mal corpo” na Plataforma Feminista de Lugo, porque non se comprende “esa rebaixa” en relación coa pena que pedía o fiscal, dado que “todos os agravantes foron demostrados” no transcurso da vista oral.

“A pesar de que houbo unanimidade por parte do xurado, de que quedou demostrada a premeditación e de que non houbo o máis mínimo arrepentimento, porque nin sequera se parou a mirar se Ana -Gómez- estaba viva ou morta”, engadiu Torrón, non se aplica “a pena que pedía a Fiscalía”.

“É incrible. Que ten que pasar neste país para que iso suceda?”, preguntábase en declaracións a Cope Lugo.

ÚLTIMAS

Conta atrás para o ‘Caudal Fest’

A sétima edición do Caudal Fest conta os días para a súa celebración. Este...

A Xunta declara como proxecto industrial estratéxico a construción da planta de biometano no polígono do Ceao

O Consello da Xunta aprobou este luns a declaración como proxecto industrial estratéxico a construción dunha...

Incendio en Barreiros estabilizado tras arrasar 80 hectáreas

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia deu por estabilizado esta mañá...

Cinco brigadistas ingresados con queimaduras graves tras o lume de Barreiros

Os cinco brigadistas feridos nun incendio rexistrado no municipio lucense de Barreiros foron trasladados...