InicioPolíticaA Xunta rehabilitará a Casa-Torre da Tinería como espazo de turismo enogastronómico

A Xunta rehabilitará a Casa-Torre da Tinería como espazo de turismo enogastronómico

A titular de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, avanzou que será o Instituto Galego d Vivenda e o Solo o que licitará este verán a redacción do proxecto de rehabilitación, que prevé tamén dinamizar o Barrio da Tinería.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia rehabilitará a casa-Torre do barrio da Tinería en Lugo para convertela nun espazo vinculado ao turismo enograstronómico, con aulas multiusos para formación e realización de actividades. O anuncio foi realizado este sábado polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez e a conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez.

A edificación, coñecida tamén como o antigo hospital de San Miguel e propiedade da Administración autonómica, pasará a ser un centro de promoción turística e gastronómica de toda a provincia de Lugo. O inmoble pertence a unha tipoloxía actualmente extinta, a de ‘Casa-Torre’ de orixe tardomedieval.

Román Rodríguez explicou que, tras a súa restauración, o inmoble será cedido á Asociación de Empresarios de Hostalaría e Turismo, que instalará nel as súas dependencias administrativas, o que suporá “un importante aforro de recursos para a entidade”.

Ademais, o edificio contará con aulas multiusos para a formación e a realización de actividades e disporá dun punto de información para os visitantes centrado na gastronomía e o turismo lucense.

A titular de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, avanzou que será o Instituto Galego d Vivenda e o Solo o que licitará este verán a redacción do proxecto de rehabilitación, que prevé tamén dinamizar o Barrio da Tinería.

Lembrou que a Xunta acompaña este futuro proxecto con obras de urbanización da UI-8, coa que se creará unha praza que dará acceso público ao Pazo de Dona Urraca, cuxo proxecto de rehabilitación xa está encargado.

Con estas actuacións, a Xunta confía en promocionar o turismo e a gastronomía da provincia. Ata maio o número de pernoctaciones rexistrou unha alza do 7,2% e o de viaxeiros subiu un 5%.

ÚLTIMAS

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...

A 173 km/hora onde só se permite 80: un condutor é investigado en Lugo por exceso de velocidade

A Garda Civil investiga ao condutor dunha moto, de 45 anos de idade, por...

Morre un motorista tras chocar contra o peche dunha leira en Castro de Rei

Un motorista de 66 anos, JMCF, faleceu este mércores ao sufrir unha saída de...

Lugo medirá o ruído ambiente en tempo real durante o San Froilán

A xunta de goberno do Concello de Lugo autorizou este mércores a adquisición dun...