InicioPolíticaOs orzamentos que presentará a Deputación escalan ata os 90 millóns de...

Os orzamentos que presentará a Deputación escalan ata os 90 millóns de euros

O presidente da Deputación, Darío Campos, afea á Xunta que camufle no capítulo de investimentos na provincia de Lugo os gastos correntes

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os orzamentos que a Deputación levará ao pleno de novembro pasarán dos 84 millóns de euros previstos inicialmente a acadar a marca de 88,4 millóns, logo da engádega dos fondos para o Consorcio Provincial de Bombeiros e a Sociedade Urbanística Provincial (Suplusa). Así o avanzou o presidente da administración provincial, Darío Campos, quen reivindicou o papel da Deputación coma principal inversor na provincia Lugo.

As negociacións para sacar adiante as contas comezaron nos inicios de novembro, cando o goberno da Deputación adiantou os primeiros detalles dos orzamentos, pendentes entón do prace da intervención. O grupo socialista terá que lograr alomenos tres votos positivos máis para que o pleno provincial valide o proxecto orzamentario.

Entre as principais partidas anunciadas por Darío Campos, aparecen “un mínimo de 20 millóns” para o Plan Único –despois de engadir oo remanente do exercicio actual–, 17 para nova obra en estradas, outros 4,7 millóns para plans de emprego, así como 6,3 para a apertura e servizo das residencias da FonsagradaCastroverde, Pol, Trabada, Pedrafita do Cebreiro, Ribadeo e Ribas de Sil.

Críticas ao investimento da Xunta

Os orzamentos en vigor superan o oitenta por cento de execución, e a previsión é que rematen por enriba da media de cumprimento de 2016 e 2017. Campos subliñou que a Deputación é a administración que máis inviste na provincia de Lugo, malia que a Xunta de Galicia “dispón dun orzamento cen veces superior”.

“Falan de investimentos da Xunta na provincia, cando se refiren aos GDR que son practicamente un setenta e cinco por cento fondos da Unión Europea”. O presidente provincial afeou que o goberno galego camufle como investimentos os gastos correnges “que por lei están obrigados a asumir”, coma na educación, a saúde e o transporte.

As demandas que quedaron esquecidas nos orzamentos da Xunta

ÚLTIMAS

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...