InicioEconomíaLugo Monumental busca financiamento para demandar o Concello pola suba das taxas...

Lugo Monumental busca financiamento para demandar o Concello pola suba das taxas das terrazas

Aseguran que o incremento previsto oscila entre o 187% e o 600%. Se ben é certo que non se aplicaría este ano, entenden que é "ilegal" e "pouco ético" a teor do delicado momento económico actual

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación Lugo Monumental anunciou que puxo en marcha unha campaña para recadar fondos cos que pagar os gastos de presentar unha demanda xudicial contra o Concello polo incremento previsto nas taxas por ocupación da vía pública para a colocación de terrazas.

O seu presidente, Luís Latorre, explicou a EFE que a suba prevista en ditas taxas oscila entre o “187 e o 600%”, algo que ao seu xuízo é “ilegal” e ademais “pouco ético”, por ser exposto —aínda que non se aplicaría este ano— nun momento como este, cando o sector está a pasalo “francamente mal” por mor da pandemia e das restricións.

Aínda que tamén recoñece que “este é probablemente o peor momento posible para recadar fondos para esta demanda”, tamén lembra que “lamentablemente” só hai un prazo de dous meses desde que foi aprobada a subida para interpoñer a reclamación no xulgado, e “vence a finais de febreiro”. “Pola contra”, a medida “adquire firmeza e é moito máis complicado pelexar contra ela”, explica Latorre.

En canto ás posibilidades de éxito desa demanda, Lugo Monumental fixo unha consulta legal e “os avogados e peritos dixéronnos que o estraño é que o Concello non aceptase as nosas alegacións, porque eran manifestas”, precisou Latorre.

FRONTE COMÚN ENTRE AFECTADOS

O presidente do colectivo calcula que a presentación da demanda supoñerá un gasto duns 2.500 euros, cantidade qeu espera reunir en tempo “sen demasiados problemas”. “Xa empezamos a mandar cartas e a poñernos en contacto cos hostaleiros e a resposta está a ser moi boa”, dixo Latorre, quen confirmou que unha ducia de negocios xa mostraron a súa disposición para colaborar.

“A campaña ábrese tanto a locais asociados como non asociados. É unha situación excepcional e entendemos que este chamamento á hostalería é en beneficio de todos os locais”, insistiu.

Lugo Monumental non podería asumir en solitario o custo desa demanda, aclarou Latorre, porque se alimenta unicamente da cota dos asociados, que “é moi baixa”, e non acepta ningún tipo de subvención das institucións públicas, para “manter a súa independencia”.

ÚLTIMAS

Coñece a programación da Semana de Cinema de Autor de Lugo: 148 filmes e homenaxe a María Vázquez

Máis de 148 películas formarán parte este mes de setembro da Semana de Cinema de...

Outro incendio rexistrado nunha nave do Ceao provoca cuantiosos danos materiais, aínda que non se rexistran vítimas

Un incendio declarado na noite deste mércores nunha nave do polígono industrial de O...

Vicepresidencia da Deputación de Lugo non dará apoio económico a actividades con participación israelí

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do BNG, anunciou que non financiará actividades nin...

Detido en Lugo por ameazar con navalla a dous menores que xogaban na rúa

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home de 64 anos de idade...