InicioEconomíaMáis dun cento de hostaleiros piden "salvar" o sector ante unha situación...

Máis dun cento de hostaleiros piden “salvar” o sector ante unha situación “agónica”

Reclaman un "plan de rescate a nivel nacional" e aseguran que a "insubmisión fiscal" virá dada "por si mesma porque non se pode pagar se non che deixan ingresar".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis dun centenar de hostaleiros de Lugo realizaron unha protesta este xoves diante da Subdelegación do Goberno, onde chamaron a “salvar” o sector ante a situación que atravesa polo peche de establecementos decretado pola Xunta.

A protesta realizouse con respecto ás distancias de seguridade e con máscara baixo o cartel ‘Salvemos á hostalería, o noso peche é a morte da cadea de valor do sector’. Algunhas das consignas que se corearon foron “Queremos traballar” e “Se isto non se amaña, cana, cana”.

O presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros, Cheché Real, avanzou que “as mobilizacións van seguir porque a hostalería segue pechada, segue con restricións e con limitacións”.  Cheché Real avisa de que “xa non se trata de axudas”, senón dun “plan de rescate a nivel nacional”. “É o que solicitamos con esta concentración, que está auspiciada desde Hostalería de España, a nosa patronal nacional”, engadiu.

Sobre a insubmisión fiscal, Cheché Real afirma que “virá dada por si mesma porque non se pode pagar se non che deixan ingresar”. “Isto é inaguantable porque non tes liquidez”, razoa.

Ao final da concentración entregouse un escrito á subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, co contido das reivindicacións do sector, apoiadas polo secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo, Jaime López. Nesta protesta participaron representantes do PP e de Ciudadanos do Concello de Lugo.

LECER NOCTURNO

Por outra banda, tamén houbo oco para as reivindicacións do ocio nocturno. Se a situación é “preocupante” para a hostalería, “peor” é o escenario para o “lecer nocturno”. “Nós estamos nunha situación agónica, desesperada, pero o lecer nocturno que leva sen abrir as portas seis meses… Imaxina como poden facer fronte aos pagos de alugueres, de seguridade social, IRPF ou taxas; iso se non te pillou con investimentos e tes que pagar hipotecas”, opina Cheché Real.

ÚLTIMAS

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...

Un operativo contra os locais de lecer nocturno en Lugo remata cun detido e 39 identificados

Un home foi detido por un suposto delito de atentado contra un axente da...

CC.OO. esixe a dimisión da edila de Persoal do Concello de Lugo

Comisións Obreiras (CC.OO.) esixiu a dimisión inmediata da concelleira de Persoal do Concello de...