InicioEconomíaO presidente da Deputación de Lugo: "Hai que buscar unha fórmula, sexa...

O presidente da Deputación de Lugo: “Hai que buscar unha fórmula, sexa intervención ou expropiación”

Insiste en buscar unha "fórmula legal" para evitar o peche da planta, "chámese intervención ou expropiación"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Toméemprazou a Alcoa a que devolva todas as axudas públicas desde que se fixo coa planta de San Cibrao en 1998 no caso de que finalmente peche a factoría, á vez que demanda que solucione o “problema ambiental da balsa de lodos”.

Tras a xunta de goberno provincial, Tomei insistiu en que é necesario buscar a “fórmula legal” para evitar o peche da planta da Mariña, “chámese intervención ou expropiación”. Unha empresa que recibe diñeiro para o mantemento da nave, para creación e mantemento de emprego, se non cumpre hai que facer como con calquera cidadán cando se lle require que devolva unha axuda ou subvención que recibiu”, expón.

Por iso, defende que “Alcoa debe de restituír, repor ao erario público o diñeiro que recibiu e que non utilizou naquilo que tiña a obrigación de utilizar”. Outro aspecto no que se centrou o presidente da Deputación de Lugo é no “problema ambiental serio que xerou” a multinacional americana con “a balsa de lodos”. “O que non pode ser é que pechen e nos deixen sen xestionar a balsa de lodos e sen depurar todo iso e téñase que facer con fondos públicos”, avisa.

MANIFESTACIÓN DO SÁBADO

Por outra banda, Tomé informou de que non poderá asistir á manifestación deste sábado na cidade de Lugo que realizarán os traballadores de Alcoa debido a “problemas de axenda” en Monforte, onde é alcalde. Con todo, comprometeu a presenza de deputados provinciais do PSOE.

O portavoz do BNG no goberno bipartito da Deputación, Efrén Castro, tamén mostrou o seu apoio aos traballadores, á vez que sinalou que el si asistirá á protesta do sábado. Tamén expresaba o seu respaldo ás demandas dos traballadores, o que se comprometía a asistir mañá á protesta.

ÚLTIMAS

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

A nave calcinada de Mazoi “non tiña licenza de actividade” nin a solicitou segundo o Concello de Lugo

A nave de reciclaxe da parroquia de Mazoi, alugada pola empresa Contemar, que resultou...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...