InicioEconomíaO Eixo Atlántico pide a participación dos concellos na xestión dos fondos...

O Eixo Atlántico pide a participación dos concellos na xestión dos fondos europeos para a crise

Este organismo, do que é vicepresidenta Lara Méndez, agrupa 34 municipios de Galicia e o norte de Portugal. Aseguran que a administración local é a que mellor coñece o seu tecido económico e a que mellor sabe que sectores precisan as axudas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular remitiu un escrito ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para trasladarlle a súa solicitude para que os concellos participen na xestión, atribución e programación dos fondos europeos destinados a atenuar a crise económica.

Este organismo, do que é vicepresidenta a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, agrupa 34 concellos de Galicia e o norte de Portugal. O pasado 29 de maio celebrou unha Comisión Executiva, froito da cal xurdiu esta petición que agora comunican ao Goberno. “Os concellos somos os que mellor coñecemos o noso  tecido produtivo local e cales son os sectores que verdadeiramente necesitan esas axudas”, explican. O “estreito” e “permanente contacto” que manteñen con eles é fundamental, aseguran, para xestionar de maneira eficaz a inxección de diñeiro que estes precisan.

Neste sentido, engaden outra cuestión a ter en conta: “Preocúpanos que os fondos para a recuperación estean maioritariamente destinados a subsidiar, en detrimento da inversión produtiva que xera actividade económica”. Por iso, o Eixo aposta por darlles máis peso a autónomos e pequenos empresarios á hora de beneficiarse destas axudas.

Do mesmo xeito, solicitan unha boa coordinación entre os Executivos de España e Portugal para atender as cuestións que afectan aos territorios da fronteira e “optimizar a eficiencia” dos recursos dun e doutro país para “evitar duplicidades que impedirían o aproveitamento dos fondos para unha verdadeira reconstrución económica”.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...