InicioDeportesO Breogán perde tras non culminar a remontada (75-73)

O Breogán perde tras non culminar a remontada (75-73)

Os lucenses chegaron a perder por 16 puntos, igualou despois dun mate de Alec Brown (73-73) e perdeu cunha canastra decisiva de Andreas Obst á que non puido responder Aleksandar Cvetković cunha tripla na derradeira xogada

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán perdeu ante Monbús Obradoiro (75-73) na vixésimo primeira xornada da Liga Endesa.

Os lucenses foron castigados no primeiro e terceiro cuartos. Na primeira xogada, tres rebotes ofensivos de Obradoiro. O Breogán só anotou 9 puntos no primeiro cuarto con todo xogadas individuais. Obradoiro gañaba 21-9 ao remate do primeiro parcial.

O Breogán reduciu diferenzas no segundo cuarto grazas á dirección de Ricardo Úriz (33-29).

Na segunda metade, Obradoiro fíxose forte co poderío interior de Vladimir Brodziansky e Nacho Llovet, así coma unha mellor  circulación. Chegaron a gañar por 16 puntos (69-53). Dende aí, o Breogán reaccionou, igualou cun mate de Alec Brown (73-73), respondeu Andreas Obst cun reverso (75-73) e Aleksandar Cvetković non puido anotar a tripla definitiva para a vitoria de Obradoiro.

Alec Brown foi o xogador máis valorado do Breogán con 16 puntos e 6 rebotes para 24 créditos valorativos, seguido por Volodymyr Gerun, con 14 puntos, 6 rebotes e 3 asistencias. Cómpre subliñar tamén as 5 asistencias de Ricardo Úriz.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...