InicioDeportesNatxo Lezkano: "Temos que mellorar en todo, sobre todo en acerto"

Natxo Lezkano: “Temos que mellorar en todo, sobre todo en acerto”

O adestrador de Cafés Candelas Breogán confirmou que quere que Jerome Jordan quede no equipo máis alá do seu contrato temporal

PUBLICADA O

- Advertisement -

Natxo Lezkano, adestrador de Cafés Candelas Breogán, compareceu en rolda de prensa previa ao partido deste domingo 18 contra Tecnyconta Zaragoza no Pazo dos Deportes de Lugo a partir das 17 horas na novena xornada da Liga Endesa.

Lezkano confirmou as baixas por lesión de Salva Arco e Tarence Kinsey. No caso de Salva, vai recibir “infiltración”, “non” cre que “chegue para o vindeiro partido” e sí espera que esté dispoñible Kinsey na décima quenda ligueira.

Opinou que Zaragoza “está a xogar moi ben agora mesmo, está en boa dinámica, xoga moi ben fóra da casa, xoga a un ritmo moi alto”, “moi boa mestura entre xogadores expertos e xoves e ten moi bo adestrador”. Comentou que “é un equipo que se agarra moi ben aos partidos”.

O adestrador breoganista afirmou que o seu equipo ten que “mellorar en todo, sobre todo en acerto, que é quizais o menos adestrable de todo”, así como “ser máis consistentes nos tiros abertos, tiros libres e atopar o ritmo” que lles “convén”. Valorou que melloraron “moito” en “ritmo, defensa e rebote”. Engadiu, logo, que “os puntos dende o exterior van chegar”.

En canto ao pívote Jerome Jordan, con contrato temporal, respondeu que é un xogador que lles “gusta”, “está a facelo ben, é bo rapaz e está moi ben adaptado ao estilo” e “está rendindo a moi bo nivel en tódolos aspectos”. “Gustaríanos que continuara con nós”, declarou. Comentou que “básicamente” é unha cuestión económica.

Lezkano comentou que “a xente o está a pasar moi ben” e eles “están a desfrutar moitísimo na pista”. “Teño chamadas de tódolos sitios preguntándome qué coño pasa en Lugo, que a xente o está a pasar fenomenal, as imaxes que saen en televisión son moi bonitas e estou seguro que hai moita xente que quere vir dende fóra para ver o que se está a vivir aquí”. Engadiu que están “afortunados de xogar aquí”.

ÚLTIMAS

Lugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras as inundacións pola crecida do Miño

O Concello de Lugo redistribuíu a máis de cen nadadores do club Fluvial á...

María Reigosa rompe co PSOE no seu primeiro pleno tras a renuncia e vota co PP para esixir melloras nun barrio de Lugo

A edil do Concello de Lugo María Reigosa desmarcouse do Grupo Municipal Socialista e...

Rebaixan a pena dun agresor sexual de 27 a 3 anos ao pagarlle 150.000 euros á vítima

A Audiencia provincial de Lugo pechou este xoves o caso dun home acusado de...

O Concello de Lugo pecha os parques ante a alerta amarela por vento

O Concello de Lugo procederá a pechar os parques a partir das 11.00 horas...