InicioDeportesO Breogán vence a Shenzhen Leopards (87-77) no estreo de Lucio Redivo...

O Breogán vence a Shenzhen Leopards (87-77) no estreo de Lucio Redivo e Tarence Kinsey

Lucio Redivo, que foi baixa nos dous primeiros partidos amigables, competiu con normalidad e aportou 11 puntos xogando coa súa electricidade habitual

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Baloncesto Breogán gañou ao equipo chinés Shenzhen Leopards (87-77) no terceiro partido amigable nesta pretempada.

Despois dun inicio irregular (0-8), o Breogán mellorou e foi igualando o encontro. O equipo lucense contou de inicio co escolta Lucio Redivo, baixa nos dous primeiros amigables, e Tarence Kinsey, recente fichaxe. Redivo aportou electricidade e 11 puntos ao longo do partido, mentres Kinsey estivo máis desacertado.

O Breogán, desacertado no tiro exterior, foi aumentando a anotación co seu xogo na pintura, con momentos de inspiración como a espectacularidade do aleiro Romaric Belemene e xogadas invididuais do tamén aleiro Johan Lofberg, que rematou con 20 puntos.

No terceiro cuarto, a velocidade, en ocasións excesivamente individualista, de Lucio Redivo foi decisiva para ir definindo o partido cara os interes lucenses cunha máxima vantaxe de 15 puntos (51-36). No treito final, amago de reacción dos Leopards, que tiveron no ala-pívot Jared Sullinger, ex NBA (2012-2017), ao seu mellor xogador con 21 puntos.

Ademáis do ala-pívot Kyle Rowley e o pívot Felipe dos Anjos, o Breogán contou co escolta Patrick Prince e o pívot Mor Niang, do Ciudad de Ponferrada e o Estudiantes de Lugo, respectivamente, para completar a rotación despois de acordos cos dous clubes.

O equipo contou coas baixas do base Ricardo Úriz, o escolta Salva Arco e os pívots Alec Brown e Henk Norel por lesión, así como os pívots Emir Sulejmanovic e Volodymyr Gerun por convocatorias coas súas respectivas seleccións.

Mañá, o Breogán enfrontarase a Bàsquet Manresa no Circuito Movistar de Oviedo a partir das 21 horas no Palacio de los Deportes ovetense.

 

ÚLTIMAS

Caída de temperaturas con posibles nevadas na montaña de Lugo a partir deste mércores

A Axencia Estatal de Meteorología (AEMET) emitiu un aviso especial por nevadas por baixo...

Detido tras roubarlle o bolso con 200 euros a unha anciá, que tivo que ser atendida no hospital

A Policía Nacional informou da detención en Lugo dun home como autor dun roubo...

Deteñen en Vilalba o presunto autor de varios roubos en inmobles do concello

A Garda Civil, no marco da operación 'Encornet', detivo na localidade lucense de Vilalba...

Detido por estafas na rede utilizando a identidade de achegados e empregados

A Policía Nacional ha detido en Lugo a un home como suposto autor dun...