InicioDeportesJavi López adianta a titularidade de Miguel Vieira mañá en Copa do...

Javi López adianta a titularidade de Miguel Vieira mañá en Copa do Rei

O primeiro adestrador albivermello confirmou tamén que Ramón Azeez "xogará" mañá xoves contra o Albacete Balompié en segunda rolda copeira no estadio Carlos Belmonte da cidade manchega a partir das 20 horas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Javi López, primeiro adestrador de Club Deportivo Lugo, adiantou a titularidade do central portugués Miguel Vieira no partido de segunda rolda de Copa do Rei mañá contra o Albacete Balompié no estadio Carlos Belmonte a partir das 20 horas. Tamén anunciou que Ramón Azeez “xogará”. Explicou que Vieira “leva tempo con molestias na cadeira e no aductor”, mais xa “está en condicións” e “vai ser un xogador da partida, vai xogar de inicio”.

López reflexionou que o Albacete é “un rival que comezou moi ben a competición, alternou o 4-3-3 co 4-2-3-1, é un rival ben estruturado”, así como “defende ben e ofensivamente tamén traballa moi ben”.

O técnico albivermello subliñou que os lucenses deben “mellorar no plano ofensivo”.

“Comenteille aos xogadores que ás veces da a sensación que o Lugo non pode ter un partido cunha porcentaxe menor do 70 % de posesión, xogando en campo contrario e tamén temos que saber xogar o outro partido”, afirmou.

Juan Carlos Martín, Serge Leuko, Bernardo Cruz, Vasyl Kravets, Carlos Pita, Fernando Seoane, Antonio Campillo, Iriome González, Cristian Herrera e Jona Mejían non entraron na convocatoria, onde a principal novidade é o lateral dereito Eduard Campabadal, lesionado dende o pasado decembro, así como o porteiro canteirán Pablo Cacharrón, o citado central Miguel Vieira, o central ou mediocentro do filial Gustavo Quezada, o comentado mediocentro Ramón Azeez, o extremo diestro do filial Rayco Rodríguez, o extremo diestro Guille Donoso e mailo mediapunta ou extremo zurdo Juan Muñiz.

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Besteiro acusa ao PP de bloquear os grandes proxectos de Lugo durante 27 anos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou este mércores en Lugo...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Carmela López mostra á reitora da USC o espazo de investigación na Granxa Gayoso

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Deputado de Formación, Ensino...