InicioDeportesO C.V. Emevé renova á central canteirana María Aguiar

O C.V. Emevé renova á central canteirana María Aguiar

A xogadora renova por unha tempada e competirá na Superliga 1, máxima categoría do voleibol español

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Voleibol Emevé Lugo anunciou a renovación de María Aguiar. A central, de 26 anos e canteirana do club, renova por unha tempada e competirá en Superliga 1, máxima categoría do voleibol español.

O Emevé subliña que segue no “club que a viu medrar” e agradécelle “seguir confiando” na “familia” do club lucense.

Hoxe en día, o Emevé conta en plantilla coa citada central María Aguiar, a central Anllelivis Caballero, a receptora Lucía Prol, a líbero Eliana González, a colocadora Carmen Saá, a aposta Julia Paradela, a colocadora Ivelina Avramova, a receptora Tea Andric´, a líbero Paula Lorenzo e a colocadora María Rodríguez Sanjurjo. Anllelivis Caballero, Ivelina Avramova, Tea Andric´e María Rodríguez Sanjurjo son as catro fichaxes polo do momento.

O club lucense comezará a tempada o sábado 12 de outubro en Las Palmas contra IBSA CV CCO 7 Palmas.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...