InicioDeportesO C.B. Breogán supera os 3.000 abonados

O C.B. Breogán supera os 3.000 abonados

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Baloncesto Breogán comunicou que xa superou os 3.000 abonados de cara a vindeira tempada 2018-2019. As renovacións superaron o 90 %. As altas de non abonados a campaña pasada comezaron antonte. O obxectivo do club é chegar aos 4.000 abonados. Segundo o club, “varios sectores de grada lateral do Pazo dos Deportes contan cunha ocupación do 100% e os que non están completos superan o 90%”. 

Lembre tódolos datos da campaña de abonados:

O C.B. Breogán tentará acadar os 4000 abonados

O club está pendiente da confirmación da asemblea da ACB o vindeiro luns 16 de xullo do seu ascenso administrativo. Se a ACB ratifica a súa inscripción, o C.B. Breogán será equipo de Liga Endesa a tódolos efectos. O pasado 15 de xuño, a ACB confirmou que recibira o abono e documentación requeridos para a inscripción na máxima categoría. 

A nivel deportivo, os bases Ricardo Úriz e Christian Díaz, os escoltas Salva Arco e Sergi Quintela e os pívots Herve Kabasele e Matt Stainbrook, ademáis do corpo técnico formado por Natxo Lezkano, Quique Fraga e Pablo Abuín teñen contrato para a vindeira tempada.

+ posts

ÚLTIMAS

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...

Tres feridos no Saviñao despois dunha saída de vía

Tres persoas resultaron feridas tras saírse da vía no vehículo no que viaxaban no...