InicioCulturaMaría Valcárcel: “Hechos Mínimos encaixa porque Lugo estase a mover culturalmente”

María Valcárcel: “Hechos Mínimos encaixa porque Lugo estase a mover culturalmente”

A xornalista e xestora cultural María Valcárcel ofrece detalles de Hechos Mínimos, a nova revista lucense con vocación internacional

PUBLICADA O

- Advertisement -

O revitalizado panorama cultural lucense celebra este venres, primeiro de febreiro, unha nova e necesaria incorporación. O Vello Cárcere acolle (20.00 horas) a presentación do primeiro número de Hechos Mínimos. Parte do recadado na saída irá adicado á Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica; declaración de intencións dun proxecto decidido a confluír coas xentes que promocionan a cultura en Lugo e proxectarse a nivel internacional. María Valcárcel é, canda a Enrique Bonet, a responsable dun proxecto financiado por pequenos mecenas e que non queda unicamente na publicación en papel.

Por que e en que momento xorde a idea dun novo proxecto cultural?

Hai xa bastante, máis dun ano, que meu socio e máis eu comezamos a pensar na idea de sacar unha publicación –non tiñamos claro se revista ou doutro tipo–, e foise conformando. El é deseñador gráfico, eu xornalista, e tiñamos a idea de combinar nalgo en papel.

Foi a partir dunha charla normal de traballo: os dous somos xestores culturais, aos dous nos gusta o mundo da publicación editorial. Que podiamos facer neste senso? Así xurdiu todo.

Que espazo terá Lugo na revista e nos eventos de Hechos Mínimos?

Lugo ten un papel central, a revista nace en Lugo e está feita por xente de Lugo. Iso para empezar. Despois, sempre tentaremos, o fixemos neste número cero e o seguiremos tentando, que haxa sempre presenza nos contidos da revista de xente de Lugo, que estea facendo cousas e nos resulte interesante no terreo creativo e cultural.

As accións culturais que levaremos a cabo, relacionadas co contido da revista, serán tamén aquí en Lugo. Temos tamén un enfoque de proxección, xa non nacional, senón internacional: neste número cero, a entrevista central é con Leila Guerriero, xornalista arxentina que virá a Lugo, o que conseguimos a partir da entrevista que lle fixemos.

Si que temos un arraigo importante e clarísimo en Lugo, queremos que as cousas se fagan aquí, pero queremos que poida vir e sexa aberto a xente de todo cor e toda nacionalidade.

Ademais do teu compañeiro, con que xente contas para colaborar no proxecto?

Colaboradores para este proxecto tivemos cinco. Nós participamos na redacción e na ilustración do contido. A colaboración nace da amizades que estaban metidos no mundo da cultura e tiñan unha calidade textual e á hora de ilustrar que nos parecía interesante. A partir destas colaboracións están xurdindo outras, que temos case completas para o seguinte número, é algo que nos fai moita ilusión.

De aí tamén a relación coa Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.

Esta relación vén de antes. Meu socio e máis eu temos un interese xenuino por recuperar e fomentar a memoria histórica. Nos nosos traballos, tentamos dar apoio a este tipo de iniciativas. Traballamos coa ARMH noutros eventos e xestións culturais, e a partir de aí, cando sacamos a revista, ocorréusenos que era un bo xesto pola nosa banda dar ese apoio. A axuda é pouca pero no que poidamos queremos seguir colaborando.

Carmen García Rodeja, voceira da ARMH | Óscar Bernárdez
Carmen García Rodeja, voceira da ARMH | Óscar Bernárdez

Cal é o obxectivo da campaña de micromecenado?

O obxectivo é financiar non tanto a difusión, que cubrimos en medios e redes sociais, pero sobre todo a distribución. É custosa e non podemos nós sós levar todo o peso do financiamento. O crowdfunding é para que non quede só aquí e que consiga proxectarse na distribución.

E en canto á periodicidade?

En principio queremos que sexa bianual. Non nos adicamos exclusivamente a isto e non podemos abranguer algo tan grande e cuidado, o que significa a revista e que leva tempo, e non podemos estar todo o ano sacando algo máis ca dous números. Para este ano o obxectivo é sacar outra.

Dentro da tendencia do panorama cultural lucense, como encaixa Hechos Mínimos?

Coido que encaixa moi ben. Encaixa moi ben porque Lugo culturalmente estase a mover moito máis ca antes. Unha publicación deste tipo que saia de Lugo e feita por lucenses non existía. Parécenos que é algo que ten saída nese senso, que pode ter interese para a poboación e abrir un camiño cultural que non estaba aberto.

Pode tamén interaccionar moi ben con outro tipo de accións, non só co que facemos nós, tamén co que se está a facer en Lugo. A revista, ao ser cultural e tratar temas de todo tipo –teatro, música, literatura–, todas as propostas que se poidan levar a cabo teñen conexión.

Encaixa moi ben en todo o que pode estar facendo xente coma nós, que traballe na xestión cultural, e poden procurarse sinerxias moi bonitas, e aí terá saída, nas colaboracións entre nós.

Tedes planificados os encontros e eventos mínimos?

Comezamos venres co primeiro, coincidindo coa presentación da revista. Irá primeiro o encontro mínimo con José Ovejero, que dará un faladoiro sobre o proceso de creación; despois presentamos a revista.

Logo, o 2 de marzo temos o encontro con Leila Guerriero, o 8 de marzo con María Fernanda Ampuero, escritora ecuatoriana que estivo uns anos vivindo en España e xusto marcha o 9 de marzo a vivir a México. Pillámola in extremis e animouse a falar do seu último libro. Faremos estes tres, e cando saia o número seguinte, pois estamos traballando para ter outros tres polo menos.

Facendo cultura coa administración en contra

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...