InicioCulturaA concurso o cartel do Arde Lucus 2019, con 1.300 euros de...

A concurso o cartel do Arde Lucus 2019, con 1.300 euros de premio

O prazo para presentar os carteis que anunciarán o Arde Lucus queda aberto ata o 15 de febreiro, para despois comezar a votación popular

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Arde Lucus 2019 precisa cartel. De novo, o Concello procurará o deseño entre as propostas da cidadanía lucense, outorgando á persoa gañadora un premio de 1.300 euros. O prazo para presentar os carteis está aberto ata o 15 de febreiro, intre no que comezará a votación popular.

Para resultar elixible, o traballo deberá incluír os seguintes elementos: Arde Lucus MMXIX, Festa de Interese Turístico Galego e Festa de Interes Turístico Nacional, a páxina web www.ardelucus.com, a data de celebración (14, 15 e 16 de xuño) e os logotipos das redes sociais oficiais dos festexos. Polo demais, será de técnica libre.

En canto ao formato, cómpre entregar o cartel do Arde Lucus en A-3 de soporte ríxido, para facilitar a exposición, canda unha copia en formarto dixital, cunha resolución de 1890×2645. A entrega realizarase en sobre pechado co lema do cartel, sen identificación; noutro sobre deberá indicarse por escrito o mesmo lema e os datos identificativos do autor ou autora.

O prazo de presentación dos carteis está aberto ata o 15 de febreiro. O lugar de depósito é a Casa da Xuventude, de 10.00  a 14.00 horas, e de 16.30 a 21.30 horas; tamén mediante correo certificado.

As obras presentadas exhibiranse nas redes sociais do Arde Lucus, antesala da votación popular da que sairán os carteis finalistas, e que valorará un xurado profesional. Se o número de carteis presentados non supera os 50, seleccionaranse os 10 máis votados; e de superar os o medio cento, seleccionaranse 10 e a maiores un 10 por cento do total de obras presentadas.

Esta votación popular levarase a cabo en liña. O prazo para a votación estará aberto dende as 12.00 horas do 18 de febreiro ata as 12.00 horas do 24 de febreiro. Feito o reconto, a selección farase pública a través das redes sociais oficiais do Arde Lucus e na web do Concello de Lugo www.lugo.gal.

O Concello de Lugo seleccionará a continuación un xurado formado por tres persoas expertas, o cal escollerá a obra gañadora entre as seleccionadas previamente pola votación popular, o día 27 de febreiro ás 11.00 horas na Casa da Xuventude.

As bases estarán dispoñibles para quen desexe participar na páxina oficial www.ardelucus.com, na web municipal www.lugo.gal, ou no teléfono de atención cidadá 010.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...