InicioCulturaO XXVII Festival de Teatro Universitario de Lugo arrinca coa obra 'A...

O XXVII Festival de Teatro Universitario de Lugo arrinca coa obra ‘A emperadora’

O auditorio Gustavo Freire acollerá este martes pases da obra escrita e dirixida por Carmen Conde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A compañía de teatro USC-Lugo abrirá este martes o XXVII Festival de Teatro Universitario de Lugo, coa estrea da peza ‘A emperadora’, unha obra escrita e dirixida pola propia Carmen Conde.

A formación universitaria luguesa ofrecerá unha dobre sesión na xornada de apertura deste nova edición do festival de teatro organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento de Concello de Lugo, Deputación Provincial de Lugo e USC. Así, o elenco teatral que dirixe Conde presentará ás 12.00 horas, un primeiro pase desta obra dirixido ao público estudantil. A mesma compañía repetirá actuación no mesmo escenario ás 20.00 horas, na sesión inaugural do festival.

A programación do XXVII Festival de Teatro Universitario de Lugo, en cuxo cartel tamén figuran a Aula de Teatro Universitaria de Ourense ‘Maricastaña’, Teatro El Mayal, da Universidade de León, e a compañía de teatro USC-Santiago, continuará o mércores 14 de abril coa formación ourensá, dirixida por Fernando Dacosta, que presentará no ‘Gustavo Freire’ a obra ‘Imperator’. O grupo leonés Teatro El Mayal traerá a Lugo o 19 de abril ‘Sweet Jane’, unha produción dirixida por Javier R. De la Varga. Ao día seguinte, a compañía compostelá que dirixe Roberto Salgueiro pechará a quenda de representacións do Festival de Teatro Universitario coa obra ‘A casa da forza 2, 52 – 88’.

As representacións teatrais comezarán todas a partir das 20.00 horas e as persoas interesadas en poder asistir como público poden solicitar de balde xa as entradas, a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es. As capacidades de cada función estarán determinadas pola normativa sociosanitaria vixente e a reserva de entradas poderá facerse ata as 12.00 horas do día de cada función.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...