InicioCulturaO autocine chega por fin a Lugo cunha carteleira escollida polo público

O autocine chega por fin a Lugo cunha carteleira escollida polo público

Será os días 13 e 14 de novembro. A cidadanía votará nas redes sociais polas películas candidatas á proxección, entre as que se atopan 'A lingua das bolboretas', 'Gran Torino' ou 'Os Goonies'.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo e Sarria acollerán os vindeiros 13, 14 e 15 de novembro seis sesións de autocine para seguir desfrutando da cultura en tempos de pandemia. O público poderá elixir os filmes que se proxectarán de entre unha escolma previa na que figuran producións galegas como ‘A lingua das bolboretas’, ‘A praia dos afogados’ e ‘A quen ferro mata‘; ou clásicos dobrados á nosa lingua, como ‘Gran Torino’, ‘Pulp Fiction’ e ‘Fargo’. 

Tres das proxeccións estarán dirixidas a un público infantil e familiar. Poderán ser, por exemplo, ‘O apóstolo’, ‘Pérez 2’, ‘Os Goonies’ ou ‘E.T.’. A escolla farase nas redes sociais da Deputación de Lugo (@vicedepulugo) e o período de votación vai dende este luns ás 22:00 horas ata o vindeiro xoves á mesma hora.

As películas candidatas para ser proxectadas | LX

As películas proxectaranse nunha pantalla led de 24 metros cadrados de superficie visible. O son transmitirase por FM, polo que se poderá escoitar a través dos altofalantes ou do equipo de cada vehículo.

Aínda que esta oferta de ocio estaba prevista para o verán, finalmente algúns procesos administrativos atrasaron a súa posta en marcha. A nova data coincide cun mes no que o cine terá gran protagonismo en Lugo, ao acoller a Semana do Cine entre o 23 e o 28 de novembro.

ÚLTIMAS

O BNG denuncia que a Xunta “siga marxinando” a Lugo, ao non reclamar un xulgado específico de violencia de xénero

O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, considerou como "unha nova marxinación" á cidade o anuncio...

O Concello de Rábade prepara un “reacollo estable” para os 13 membros da familia cuxa casa resultou calcinada

O Concello de Rábade ultima os trámites para poder ofrecer unha "reacollo estable" aos 13 membros,...

Detidos dous lucenses por estafar na contratación de seguros para turismos e motos

A Garda Civil detivo a dous veciños de Lugo, ambos de 42 anos, como...

Arrincan as rutas gratuítas polo románico da provincia cunha “alta participación”

As rutas gratuítas que organiza a Deputación de Lugo polo románico da provincia comezaron...