InicioCulturaZahara, Xoel López e Novedades Carminha, entre os artistas confirmados para o...

Zahara, Xoel López e Novedades Carminha, entre os artistas confirmados para o FIV de Vilalba

Ortiga, Magical Colours e Begun DJ Set completan o cadro de nomes revelados ata o momento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O festival de música FIV de Vilalba deu a coñecer durante este martes as primeiras confirmacións para a vindeira edición, que se celebrará o 24 e 25 de abril. Zahara, Novedades Carminha ou Xoel López son algúns dos artistas que estarán no cartel deste ano. Este último presentará en directo ‘Alma de oro’, o adianto do seu novo disco.

Este evento de música indie tamén traerá á Terra Chá a psicodelia de Magical Colours, grupo de rock e folk norteamericano; os sons tropicais e o merengue do galego Ortiga; ou o baile da man de Begun DJ Set.

Os abonos poden conseguirse na web do FIV de Vilalba ou en ataquilla.com, pero a venda xa comezara o pasado 10 de febreiro malia non coñecerse daquela ningún nome do cartel. Actualmente, ofrécese unha quinta cota de entradas por un prezo de 33 euros mais gastos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...