InicioCulturaXa é o tempo da malla en Meira!

Xa é o tempo da malla en Meira!

Nesta 28ª edición, segue presente o obxectivo fundamental: revalorizar e recuperar este labor tradicional que avivaba os lazos de comunidade nas vilas. Así e todo, o encontro non está libre de polémica, posto que a Xunta denuncia ter sido excluída do acto de presentación, malia achegar case 3.000 euros para a súa celebración.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As veciñas e veciños de Meira andan a se preparar para unha cita inescusable o vindeiro domingo. Trátase da XXVIII Feira da Malla, un evento organizado pola Asociación da Malla co obxectivo de recuperar os lazos de comunidade tecidos neste labor tradicional.

A festa, declarada de Interese Turístico de Galicia, celebrarase no centro da vila este domingo 18 de agosto. Á súa presentación asistiron o concelleiro de Cultura de Meira, Agustín Méndez e o presidente da Asociación de Malla da localidade, Manuel Pardo. Tamén acudiu a deputada de Turismo Pilar García Porto, en representación do ente provincial, que colabora co evento. Porto destacou a importancia desta feira, que “promove, recupera e revaloriza as tradicións locais como sinais de identidade e de atractivo”.

PROGRAMACIÓN

En canto ás actividades previstas, a xornada comezará co traslado das máquinas de mallar ao centro do Concello, onde realizarán demostracións durante todo o día. Haberá, tamén, xogos relacionados coa malla para os máis cativos e unha exposición de artesanía e maquinaria antiga. A música virá da man de agrupacións como a Asociación Cultural 25 Xastres, o Grupo Folk Leirabuxo, o Trío Muralla, a Banda de Música de Meira, a Banda de Gaitas da Escola de Música de Meira e a Banda de Acordeóns.

POLÉMICA

Así e todo, tampouco esta feira se libra de polémicas políticas. Neste caso, a Xunta denuncia ter sido excluída do acto de presentación do evento, malia achegar case 3.000 euros para a súa celebración. Dende a Delegación Territorial de Lugo, consideran que se trata dunha “falta de respecto institucional”, pois aseguran que a Administración Autonómica sempre se implicou con este evento.

Coma quen xa intúe os motivos da súa ‘marxinación’, dende a Xunta din: “A achega autonómica podería ter alcanzado os 7.500 euros se o concello solicitara a adhesión ao programa da Secretaría Xeral da Igualdade e ao convenio con Abanca”. Refírense á campaña informativa Agresión Off. Eu digo non á violencia sexual, que suporía uns 3.000 euros destinados á sensibilización contra os machismos. O convenio con Abanca, din, reportaría outros 1.500.

ÚLTIMAS

Caída de temperaturas con posibles nevadas na montaña de Lugo a partir deste mércores

A Axencia Estatal de Meteorología (AEMET) emitiu un aviso especial por nevadas por baixo...

Detido tras roubarlle o bolso con 200 euros a unha anciá, que tivo que ser atendida no hospital

A Policía Nacional informou da detención en Lugo dun home como autor dun roubo...

Deteñen en Vilalba o presunto autor de varios roubos en inmobles do concello

A Garda Civil, no marco da operación 'Encornet', detivo na localidade lucense de Vilalba...

Detido por estafas na rede utilizando a identidade de achegados e empregados

A Policía Nacional ha detido en Lugo a un home como suposto autor dun...