InicioAncaresRaios e choiva nas zonas de Montaña de Lugo

Raios e choiva nas zonas de Montaña de Lugo

Houbo 22,4 litros por metro cadrado en Cervantes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O adverso meteorolóxico rexistrado na tarde-noite deste martes deixou máis de 2.300 raios en Galicia, dos máis de 4.600 contabilizados en España nunha xornada na que as precipitacións alcanzaron os 22,4 litros por metro cadrado en Cervantes.

Así consta nos rexistros de Meteogalicia, recollidos por Europa Press, nos que se reflicte que entre as 16,00 e as 20,00 horas deste martes foi a franxa na que máis raios se rexistraron en Galicia, concentrados na provincia de Ourense, así como en parte do interior da Coruña e de Lugo, así como de Pontevedra.

En zonas de montaña as precipitacións deixaron acumulados de 22,4 litros por metro cadrado en Cervantes, 17,7 en Baleira (Lugo), 16,9 en Carballeda de Valdeorras (Ourense), 13,9 no municipio ourensán de San Xoán de Río e 13,2 en Manzaneda, na mesma provincia.

O interior de Galicia viviu na tarde-noite do martes unha situación de meteoroloxía adversa que deixou intensas precipitacións, tanto en forma de choiva como de sarabia, no interior das provincias de Lugo e de Ourense. En zonas de montaña de Lugo tamén caeu “pedrazo”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP esixe a Carmela López que aparte “de maneira fulminante” a José Tomé tras ratificarse a denuncia por acoso

Os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular esixiron á presidenta da Deputación, Carmela...

María Reigosa presidirá a Comisión de Urbanismo no Concello de Lugo sen votos en contra

O Concello de Lugo constituíu este xoves as diferentes comisións previas de pleno e...

O Concello de Lugo asina acordos para mercar terreos para a conexión da Intermodal coa cidade

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Urbanismo, Ramón Cabarcos, informaron...