InicioAncaresLugo rozou o cheo turístico esta Semana Santa

Lugo rozou o cheo turístico esta Semana Santa

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo (APEHL), José Real, confirmou que a ocupación hostaleira roldou o 90% durante a Semana Santa nesta provincia e recoñeceu que o sector está a vivir “un momento moi bo”, grazas sobre todo ao turismo español.

En declaracións a EFE, Real recoñeceu que as expectativas se cumpriron”, en parte porque “o tempo axudou”, con “ausencia de precipitacións e boa temperatura” durante boa parte do período festivo.

“Aínda estamos a pechar os datos, pero creo que a ocupación subiu do 90%, especialmente en comarcas como A Mariña, a Ribeira Sacra, Lugo ou Ancares- Courel”. En canto á procedencia dos visitantes, lembrou que “o turismo nacional segue sendo moi importante”, aínda que tamén vai subindo, aos poucos, “o internacional”.

Con respecto á xente que vén doutros lugares de España, antes unha porcentaxe moi elevada “era de Barcelona e de Madrid”, pero agora estase ampliando” o abanico de lugares de orixe, coa chegada de turistas de “Mallorca, Canarias e Andalucía”.

“Estamos a vivir un momento moi bo”, insistiu Real, quen tampouco se esqueceu do enorme tirón de “os camiños a Santiago”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...