InicioPolíticaOs independentes de Martínez, lonxe de completar as listas para Lugo

Os independentes de Martínez, lonxe de completar as listas para Lugo

Martínez, que tenta repetir como deputado para evitar un goberno socialista, confía en obter os votos necesarios en Lugo e Chantada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Manuel Martínez está decidido a repetir como representante na Deputación provincial, e con tal obxectivo artella unha marca propia para a que anuncia marcas en varios concellos. O antigo referente do socialismo lucense conta con cabezas de carteis e afirma ter avanzadas as negociacións para axudarse de Independentes Terras do Asma (INTA), aínda que seguen sen existir mostras de apoio público.

Defenestrado no Partido Socialista, o rexedor de Becerreá e aínda presidente de Suplusa procura o xeito de ser “decisivo” no reparto de asentos: noutras palabras, impedir que Darío Campos, outrora amigo, repita na presidencia da Deputación. Para iso precisa o apoio dunha formación que, nas municipais de maio, acade representación abondo nalgún dos partidos xudiciais da provincia. O máis asequible é o de Lugo, onde con cinco mil papeletas podería sentar no pleno provincial.

“Eu creo que son factibles se a lista de Lugo funciona; se non hai lista en Lugo, está difícil porque os votos están aquí”. Así valora Martínez a situación na capital, onde conta con “varias” persoas que encabezarían a lista electoral nos comicios. Aliás, o problema reside “nos que van detrás”, é dicir, nas vinte e cinco persoas (e suplentes) que deben cubrir o resto de postos elixibles á corporación local.

O papel de INTA

O rexedor de Becerreá, Manuel Martínez | Óscar Bernárdez Pérez
O rexedor de Becerreá, Manuel Martínez | Óscar Bernárdez Pérez

A alternativa do deputado non adscrito conta con maiores posibilidades, como afirma o propio Martínez, no partido xudicial de Chantada, onde “está máis avanzado”. Nsta área transcomarcal conta cun aliado circunstancial, Independentes das Terras do Asma.

A aventura de INTA nace con Manuel Varela, rexedor de Chantada e saído das filas do Partido Popular. Martínez conserva boa relación con el e máis con Suso Otero, antigo subdelegado do Goberno, ex do Partido Socialista e inhabilitado cando era alcalde de Monterroso. Goberna a vila da Ulloa o seu sucesor na formación, Miguel Rico.

Os tres interfectos reuníronse publicamente, aínda que polo de agora o apoio de INTA está no aire. Como sinala GaliciaConfidencial, Varela e Otero manteñen silencio, reticentes perante a ambición política de Martínez.

Outro dos eventuais apoios podería chegar da man de Xosé María Arias, alcalde socialista de Castroverde e rival nas primarias do actual secretario xeral Álvaro Santos. Arias hai tempo que apoia a deriva política de Martínez, chegando ao extremo de dicir que o Partido Socialista “está morto”.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...