InicioSociedadeLugo é a provincia española que máis residentes perdeu desde finais do...

Lugo é a provincia española que máis residentes perdeu desde finais do século XX

Case 130.000 persoas menos sitúan a Lugo entre o top 15 das provincias con máis sangría demográfica. Os únicos concellos onde a poboación aumentou nestes vinte anos son Burela, A Fonsagrada, Lugo, Outeiro de Rei, Ribadeo, Sarria e Viveiro. 

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Lugo é a provincia de España que máis residentes perdeu desde finais do século XX, case 130.000 persoas. Ourense, que perdeu 93.500 residentes, ocupa a cuarta posición, por detrás de Teruel e Zamora, cunha clara tendencia a empeorar desde comezos do século XXI.

Son datos dun informe sobre a evolución demográfica en Galicia no último século, difundido este xoves polo Círculo de Empresarios de Galicia. Segundo esta análise, durante o século XX perderon poboación dez provincias españolas, con Teruel e Lugo á cabeza. Nas dúas primeiras décadas do XXI, o récord manteno Ourense en términos cuantitativos, aínda que a porcentaxe de despoboamento é superior en Zamora.

LUGO E OURENSE, NO TOP 15 DA SANGRÍA DEMOGRÁFICA

Segundo os censos de poboación, as catro provincias galegas mantiveron bos índices de crecemento demográfico ata a década dos cincuenta do século pasado, especialmente A Coruña e Pontevedra pero, se ben estas dúas provincias continuaron medrando a partir de 1960, Lugo e Ourense emprenderon unha caída progresiva que chega á actualidade.

De acordo co último censo do INE, A Coruña é a duodécima provincia por poboación e Pontevedra a decimosexta, mentres que a sangría demográfica coloca a Lugo no posto 37 e a Ourense no 39, dun total de 52. Así, a desertización demográfica, di o informe, está comezando a ser evidente na provincia ourensá, onde o número de municipios con menos de mil habitantes pasou de sete no ano 2000 a vinte e seis en 2019.

Provincias españolas que perderon máis poboación nos últimos 125 anos | Círculo de Empresarios de Galicia

OS CONCELLOS CUXA POBOACIÓN VAI A MÁIS

O último censo da provincia ourensá indica, así mesmo, que nestas dúas décadas do século XXI tan só oito concellos lograron incrementar a cifra de veciños: Allariz, Barbadás (practicamente dulplicou a súa poboación), O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Verea e Xinzo de Limia.

Pola súa banda, sete son os municipios lucenses que incrementaron a súa poboación nestes vinte anos: BurelaA FonsagradaLugoOuteiro de ReiRibadeoSarria e Viveiro.  Tamén nesta provincia aumentou, aínda que en menor proporción que en Ourense, o número de concellos con menos de mil habitantes, que pasaron de tres a cinco.

OS DATOS PARA A CORUÑA E PONTEVEDRA

Pola contra, A Coruña e Pontevedra rexistran incrementos netos nos totais provinciais, aínda que en ambos casos se aprecia unha liña ascendente ata 2010 eque variou daquelaa súa tendencia. Desde o ano 2000, son vinte e seis os municipios que aumentaron poboación na Coruña, onde non hai ningún concello con menos de mil residentes.  En Pontevedra, durante estas dúas décadas, 29 concellos aumentaron as súas poboación, e só hai un na provincia, Mondariz Balneario, con menos de mil habitantes.

+ posts

ÚLTIMAS

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Un total de dez ofertas presentáronse para construír as 152 novas vivendas públicas en Garabolos licitadas por 26,5 millóns

A Xunta de Galicia recibiu un total de 10 ofertas para construír 152 novas...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...