InicioA UlloaUn home resulta ferido tras caer ao interior dun pozo en Antas...

Un home resulta ferido tras caer ao interior dun pozo en Antas de Ulla

Foi un particular o que alertou ao 112 Galicia ao redor das 13:00 horas para dar conta do ocorrido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home resultou ferido este domingo tras caer ao interior dun pozo situado na estrada de Lalín no lugar de Vos Carreiros do concello lucense de Antas de Ulla. Foi un particular o que alertou ao 112 Galicia ao redor das 13:00 horas para dar conta do ocorrido, polo que os servizos de emerxencia desprazáronse ata o lugar para auxiliar ao home.

Así, á zona acudiron o persoal do 061-Urxencias Sanitarias e os Bombeiros de Chantada. Tamén foron informados do sucedido os axentes da Garda Civil e os membros do GES de Monterroso que, finalmente, puideron rescatar á persoa para así ser atendida polos servizos sanitarios no lugar.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...