A violencia de xénero, os desafiuzamentos, as desigualdades sociais ou as políticas de inmigración son algunhas das cruas realidades representadas no crítico belén da igrexa de Momán, en Xermade. Un ano máis, o párroco, Luís Ángel Rodríguez Patiño, quen pedira á Igrexa que non aceptara os restos do ditador Franco, quixo dar forma a unha “denuncia das distintas situacións sociais que vivimos”.