InicioEconomíaA Deputación arranxa as tres explanadas do campo da festa en Xermade

A Deputación arranxa as tres explanadas do campo da festa en Xermade

O goberno provincial adica 30.000 euros á renovación do acceso da escolas de Candamil e Miraz, e na contorna do campo de Momán

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo investiu 30.000 euros na renovación dos espazos públicos de Xermade. A intervención comprendeu a pavimentación de tres explanadas empregadas acotío como punto de reunión da veciñanza e como lugar de celebración das festas do Concello. As obras eran imperantes polo mal estado do firme, con áreas visiblemente deterioradas e importantes fochancas.

Os tres espazos en cuestión son o acceso frontais das escolas de Candamil e Miraz, e maila contorna do campo de fútbol de Momán. Os centros de ensino serven durante o inverno de centros sociais, nos que se fan xuntanzas e comidas. Así, o arranxo das explanadas anexas facilitará o seu uso como aparcadoiro e a eventual instalación das carpas para as festas patronais.

Campo de fútbol de Momán | Deputación de Lugo
Campo de fútbol de Momán | Deputación de Lugo

Do mesmo xeito adoita empregarse a superficie aberta fronte ao campo de fútbol, cerna das festas do Entroido. A instalación convive cun parque infantil e mais unha área recreativa, polo que se trata dun punto de encontro das xentes de Xermade. Por outra banda, a explanada está asemade preto do corazón da vila, xunto á frecuentada zona de bares.

Dende a Deputación explican que esta actuación enmárcase nunha política de igualdade de oportunidades, para garantir o desfrute de infraestruturas axeitadas sen importar o lugar de residencia. Un esforzo orientado, como é lóxico, cara as poboacións do rural con menor marxe para o investimento.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...