InicioTerra CháXermadeComeza a construción dunha depuradora ecolóxica en Xermade

Comeza a construción dunha depuradora ecolóxica en Xermade

Agárdase que empece a funcionar a finais deste ano

PUBLICADA O

- Advertisement -

Esta semana comezou a construción en Xermade dunha depuradora ecolóxica, que funciona ao aire libre e con plantas e que abastecerá unha ducia de vivendas. A previsión é que empece a funcionar a finais deste ano A instalación, con capacidade para filtrar 4.256 metros cúbicos ao día, ocupará ao redor de 100 metros cadrados.

Segundo destaca a Deputación de Lugo, que impulsa a obra xunto ao concello de Xermade, a infraestrutura mellorará o día a día de ata 25 veciños do barrio do Empalme, na parroquia de Cabreiros. Ata o momento, apunta, non contaban cun sistema de depuración de augas.

Así, a depuradora é froito dun convenio entre a Deputación e o municipio, que destinaron 46.000 euros para a súa construción. Este tipo de sistemas de tratamento funcionan ao aire libre e con plantas, cun custo de funcionamento inferior ao das depuradoras convencionais, o que a converte, resalta o organismo provincial, en “a opción máis vantaxosa” para núcleos de poboación pequenos.

+ posts

ÚLTIMAS

Denuncian a supresión da área de Promoción da Lingua no Concello de Lugo

A Plataforma Queremos Galego denunciou a supresión da área de Promoción da Lingua no...

Reunións de Candia con representantes do Arde Lucus e Lugo Monumental de cara a colaborar co tecido asociativo

  A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e os concelleiros Damián Carballo e Mar Carballas...

Policías locais evitan que se propague un incendio orixinado en dous colectores cara a un edificio habitado

Axentes da Policía Local de Lugo lograron evitar que un incendio declarado en varios...

Tres mulleres agredidas en Lugo, dúas delas nunha pelexa entre ambas

A Policía Local de Lugo interveu nos últimos días en varios incidentes rexistrados en...