InicioSociedadeA misa que trouxo unha estrada para os veciños de Momán

A misa que trouxo unha estrada para os veciños de Momán

"Hoxe estamos aquí para celebrar que cumprimos co que nos comprometemos e os veciños e veciñas teñen unha estrada renovada", asegura o rpesidente provincial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, participou este xoves na misa de celebración pola renovación e mellora da estrada LU-P-2204 que conecta a parroquia de Momán, en Xermade, coas Pontes de García Rodríguez, unhas obras acometidas pola institución provincial.

Tomé Roca quixo que o párroco que reivindicaba o arranxo desta estrada con cerimonias relixiosas, á súa chegada á presidencia da institución provincial, en agosto do 2019, oficiase agora outro rito para celebrar a mellora da vía, na que a Deputación investiu xa case un millón de euros.

“Cando cheguei á presidencia da Deputación, hai máis de dous anos, comprometinme co alcalde de Xermade para darlle unha solución a esta vía”, expuxo o presidente provincial, quen lembrou que o párroco celebraba unhas misas sobre a propia estrada para pedir as obras.

“E hoxe estamos aquí para celebrar que cumprimos co que nos comprometemos e os veciños e veciñas teñen unha estrada renovada”, asegurou Tomei, que explicou que, tras os proxectos executados, só queda un último tramo de pouco máis dun quilómetro para completar o acondicionamento integral da vía.

No acto, que se celebrou na Camposa de Mazandoi, o mandatario provincial estivo acompañado polo alcalde de Xermade e tamén deputado de Participación Cidadá, Roberto García, así como outros deputados provinciais e veciños e veciñas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...